Cidre é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o grego "Isídoros", que quere dicir ‘don da deusa Isis’. En galego tamén ten as variantes Sidre, Sidro ou Isidro.

En xaneiro de 2023 existían 17 varóns en Galicia co nome Cidre, cunha media de idade de 12,7 anos,Nome Cidre na Web do Instituto Galego de Estatística e 779 co nome Isidro, cunha media de idade de 59,1 anos.Nome Isidro na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Sidre ou Sidro.

Cidre noutras linguas Alemán: Isidor/Isidora Aragonés: IsidroEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Sidro Catalán: Isidre Castelán: Isidro Éuscaro: Isidor/Isidro Francés: Isidore Inglés: Isidore Italiano: Isidoro Portugués: Isidro Ruso: Isidor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Sidro Labrego Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos