Santiago de Xacebáns é unha parroquia do concello ourensán de Quintela de Leirado, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2023 tiña 72 habitantes (34 homes e 38 mulleres).

Xeografía Está situada a beira do monte de Panagache (1213 m). Dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, constitúe un marco incomparable de natureza, fauna e diversidade. Existe unha ruta de sendeirismo que chega ata a vila portuguesa de Castro Laboreiro. Por esta parroquia transcorre o río Deva e o río das Barxas, que nacen na serra de Leboreiro e que se une o río Miño na Frieira.

Historia O tombo de Celanova menciona Xacebans (Vicebanes). En 1893 creouse a parroquia, segregándose os seus lugares de Leirado.

Patrimonio miniatura|esquerda|Igrexa parroquial. A igrexa parroquia de Santiago é de orixe románica. Consérvanse uns cruceiros de pedra de principios do século XIX, que van desde a igrexa ata a fonte (antigo lavadoiro). Existe tamén un forno antigo, onde se cocía o pan antigamente, hoxe rehabilitado como local social e salón de conferencias e xogos.

Lugares e parroquias miniatura|Hórreos. Lugares de Xacebáns

Parroquias de Quintela de Leirado

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Quintela de Leirado

Categoría:Parroquias de Quintela de Leirado Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior