Bernaldo é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués e co asturiano. A súa orixe é o xermánico *bera(n) ‘oso’, *baira ‘xabarín’ ou beran ‘traer, levar’. A segunda parte é hardus ‘forte, duro’. En galego tamén ten as variantes Bernal ou Bernardo.

En xaneiro de 2023 non había persoas rexistradas coa variante Bernaldo, mais si como Bernal, con 16 persoas rexistradas e unha media de idade de 25,8 anos.Nome Bernal na Web do Instituto Galego de Estatística A variante Bernardo contaba con 946 persoas con ese nome e unha media de idade de 58,4 anos.Nome Bernardo na Web do Instituto Galego de Estatística

Historia do seu uso O nome chegou ao galego polos francos, e ten presenza nos textos galegos no século XI. Persoas ilustres que teñen este nome foron Bernaldo de Claraval (1090-1153) frade borgoñón considerado o segundo fundador da orde do Císter, e Bernal de Bonaval, un segrel compostelán do século XIII.

Hipocorísticos O nome ten os seguintes hipocorísticos en galego: Nardo, Narducho, Nucho, Naro.

Bernaldo noutras linguas Alemán: Bernold / Bernard / Bernald / Bernhard Aragonés: BernatEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Bernaldo Bretón: Bernez Castelán: Bernardo / Bernal / Bernaldo Catalán: Bernat / Bernard / Bernald Éuscaro: Bernardo / Bernart / Bernat / Beñat Francés: Bernart / Bernaut / Bernard Inglés: Barnie (hip.) / Bernie / Barnet / Barnard / Bernard Italiano: Bernardo Portugués: Bernal / Bernaldo / Bernardo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Bernaldo de Italia Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos asturianos Categoría:Nomes masculinos portugueses