A glucano 1,4-α-glicosidase (), antes coñecida como γ-amilase, é un encima localizado no bordo en cepillo do intestino delgado . Outros nomes que se lle deron a este encima son: glicoamilase, amiloglicosidase, α-glicosidase lisosómica, maltase ácida, exo-1,4-α-glicosidase, glicose amilase, γ-1,4-glucano glicohidrolase, 1,4-α-D-glucano glicohidrolase e ten o nome sistemático de 4-α-D-glucano glicohidrolase. Este encima cataliza a seguinte reacción química:

Hidrólise dos residuos de α-D-glicosa terminais con enlaces (1→4) sucesivamente desde os extremos non redutores das cadeas con liberación de β-D-glicosa

A maioría das formas deste encima poden hidrolizar tamén rapidamente enlaces glicosidicos 1,6-α-D cando o seguinte enlace da secuencia é 1,4. Pertencen a varias familias diferentes, como a glicósido hidrolase familia 15 de fungos, a glicósido hidrolase familia 31 do intestino humano (MGAM), e a glicósido hidrolase familia 97 das formas bacterianas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Amilase

Ligazóns externas

Categoría:Hidrolases