A lingua sandawe é unha lingua falada por unhas 60.000 persoas do pobo sandawe que viven na rexión de Dodoma, en Tanzania. O sandawe caracterízase polo uso de clics como consoantes, unha característica rara compartida só con outras dúas lingua no leste de África, o hadza e o dahalo. Nun principio clasificouse como membro da antiga familia de linguas khoisas do sur de África. Porén, investigacións recentes (Güldemann 2010) suxiren que o sandawe pode estar relacionado coa familia khoe.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Linguas de Tanzania Categoría:Linguas illadas