Han Kang (hangul: 한강; hanja: 韓江), nada en Gwangju, Corea do Sur, o 27 de novembro de 1970, é unha escritora surcoreana, Premio Nobel de Literatura en 2024 "pola súa prosa poética intensa que confronta traumas históricos e expón a fraxilidade da vida humana".
En 2018, gañou o Premio San Clemente, dotado con 3.000 €, por A vexetariana.
Traxectoria Han Kang é filla do novelista surcoreano Han Seung-won. Naceu en Gwangju e aos 10 anos trasladouse a Suyuri (un barrio do distrito de Gangbuk-gu) en Seúl coa súa familia. Estudou literatura coreana na Universidade Yonsei, situada en Seúl. Despois de licenciarse traballou durante tres anos como xornalista nas revistas Publishing Journal e Samtoh, entre outras.
A súa carreira literaria comezou coa publicación de cinco dos seus poemas, entre eles "Winter in Seoul", nunha edición da revista Munhak-gwa-sahoe (Literatura e Sociedade) en 1993. A súa carreira como novelista comezou ao ano seguinte, en 1994, cando gañou o Concurso Literario de Primavera de Seúl Shinmun, co conto "A áncora escarlata". En 1995, publicou o seu primeiro libro de contos titulado Yeosu (여수의 사랑). En 1998, participou durante tres meses no Programa de Escritura Internacional da Universidade de Iowa co apoio do Consello de Artes de Corea.
Deuse a coñecer en todo o mundo tras a publicación da súa novela A vexetariana (채식주의자) en 2007, pola que, tras ser traducida ao inglés, gañou o Man Booker Prize en 2016.
Han Kang ensina escritura creativa na Universidade de Seúl, e escribe contos e novelas, ademais de realizar traballos de artes visuais.
Primeiros grandes éxitos En A Vexetariana (채식주의자), que publicou en 2007, Han Kang explora o tema da violencia corporal, psicolóxica e sexual a través do tema da conversión ao veganismo do narrador da obra, Yeong-hye, e da presión social exercida contra esta elección os que o rodean. Inspirada noutra historia curta publicada con anterioridade, a novela foi adaptada ao cine en 20096. O autor desenvolve o tema do distanciamento da sociedade, chegando ata episodios próximos á psicose. Tras ser traducida ao inglés, gañou o Man Booker Prize en 2016.
The Wind Blows, Go publicado en 2010 opta pola forma dunha investigación na que o seu narrador Jeong-hee investiga a morte dun dos seus amigos. Nun Seúl invernal, explóranse os temas do illamento e da soidade contemporáneos e urbanos. Han Kang explora temas similares en White (hangeul: 흰) publicado en 2016. Unha narradora pregúntase sobre a súa irmá maior, que morreu dous antes do seu propio nacemento, mentres ela vive illada nunha gran cidade europea. A súa novela Greek Time (Leccións de grego) publicada en 2011 segue explorando o tema da perda e a soidade, mentres que o inicio dun romance entre dous narradores destaca as súas respectivas carencias: un é un profesor de grego antigo que se fai progresivamente cego, e o outro, recentemente divorciado perdeu a custodia do seu fillo, debe enfrontarse a un problema de mudez e espera recuperar o dominio da lingua aprendendo esta lingua.
En 2014, publicou A Boy Is Coming, que toma como pano de fondo o levantamento de Gwangju de 1980 e a súa brutal represión por parte do réxime militar. Descubriu o tema por casualidade aos doce anos nun libro de familia de fotos de corpos mutilados con baionetas, tomadas na súa cidade natal. Continúa a súa exploración da violencia política que marca a historia contemporánea de Corea do Sur publicando en 2021 Don't Say Goodbye que evoca as lembranzas que deixou o levantamento de Jeju de 194812, onde ela mesma pasou catro meses en 1996 e onde coñeceu testemuñas da represión.
Obras Traducidas ao galego A vexetariana (2022). Cangas de Morrazo: Rinoceronte Editora. Tradución de Alba Verea Pérez. 178 páxs. ISBN 978-84-17388-79-9.
Traducidas ao portugués O livro branco, traducido por Natália T. M. Okabayashi (2023). Todava. ISBN 978-65-5692-530-1. Lições de Grego (2023). Don Quixote. O livro branco, traducido por Maria do Carmo Figueira. 1ª ed. Alfragide: Don Quixote, 2019. ISBN 978-972-20-6778-2. Atos Humanos, traducido por Maria do Carmo Figueiredo. 1ª ed. Alfragide: Don Quixote, 2017. ISBN 978-972-20-6323-4. A vegetariana (2013). Devir. ISBN 9788575325728. A Vegetariana (2018). Todavia. ISBN 9788588808287.
Traducidas ao español La vegetariana (2012). Buenos Aires: Editorial Bajo la luna. (trad. de Sunme Yoon) La vegetariana (2017). España: Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon; prólogo de Gabi Martínez) Actos humanos (2018). Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon) Blanco (2020). España: Editorial: RATA_. (trad. de Sunme Yoon) La clase de griego (2023). Editorial Random House. (trad. de Sunme Yoon).
Traducidas ao catalán La vegetariana (2017). Tradución de Mihuwa Jo i Raimon Blancafort. Ed. Rata, ISBN 9788416738120 / Ed. La Magrana (2024I, ISBN 9788410009059. Actes humans (2018). Tradución de Alba Cunill. Rata. ISBN 9788416738359. Blanc (2020). Tradución de Alba Cunill. Ed. Rata. ISBN 9788416738502. La classe de grec (2023). Tradución de Hèctor Bofill i Hye Young Yu. Ed. La Magrana. ISBN 9788419334404.
Obra e tradución ao francés 여수의 사랑, Un amour à Yeosu, Yeosu-ui sarang (1995). 검은 사슴, Le Cerf noir, Geomeun saseum (1998). 아기 부처 Bébé bouddha, Agi bucheo (1999). 내 여자의 열매 Le Fruit de ma femme, Nae yeoja-ui yeolma ( 2000). 그대의 찬 손 Ta main froide, Geudae-ui chaga-un son (2002). 내 이름은 태양꽃 Mon nom est Fleur de soleil (2002). 붉은 꽃 이야기 L'Histoire d'une fleur rouge (2003). 가만가만 부르는 노래 Chanson douce (2007). 천둥 꼬마 선녀 번개 꼬마 선녀 Des gamins tonnerres, des fées éclairs, des gamines fées (2007). 채식주의자, 2007, publicada en francés como La Végétarienne, traduit por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2015). ISBN 979-1094680032) 눈물상자 Boîte à larmes (2008). 바람이 분다, 가라 (2010). Publicada en francés como Pars, le vent se lève, traducida por Lee Tae-yeon et Geneviève Roux-Faucard, éditions Decrescenzo (2014), premio da tradución LTI Korea 2015, ISBN 9782367270142. 희랍어 시간 (2011).Publicada en francés como Leçons de grec, traducida por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2017), ISBN 979-10-97390-00-6. 노랑 무늬 영원 Éternel motif jaune (2012). 소년이 온다 (2014). Publicada en francés como Celui qui revient, traducida por Jeong Eun-Jin, Jacques Batilliot, éditions Le Serpent à Plumes (2016), ISBN 979-1094680100. 해질녘에 개들은 어떤기분일까 (1999). Novela publicada en francés como Les Chiens au soleil couchant, in Cocktail Sugar et autres nouvelles de Corée, éd. Zulma, tradución dirixida por Choi Mikyung et Jean-Noël Juttet (2011) Impossibles adieux, « 작별하지 않는다 » (2023). Traducida do coreano por Pierre Bisiou et Kyungran Choi, éditions Grasset.
Obra e tradución ao inglés Publicación orixinalPublicación en inglésAnoTítulo orixinalTradución inglesaPublicaTítulo traducidoAnoTradutorPublica1995여수의 사랑Love in YeosuMoonji1998검은 사슴Black DeerMunhakdongne2000내 여자의 열매My Woman's FruitsChangbi2002그대의 차가운 손Your Cold HandsMoonji내 이름은 태양꽃My Name is Sun FlowerMunhakdongne2003붉은 꽃 이야기The Red Flower StoryYolimwon사랑과, 사랑을 둘러싼 것들Love and Things Surrounding LoveYolimwon2007가만가만 부르는 노래A Song to Sing CalmlyBichae천둥 꼬마 선녀 번개 꼬마 선녀Thunder Little Fairy, Lightning Little FairyMunhakdongne채식주의자The VegetarianChangbiThe Vegetarian2015Deborah SmithPortobello Books (ISBN 9781846275623)2008눈물상자Tear BoxMunhakdongne2010바람이 분다, 가라The Wind Blows, GoMoonji2011희랍어 시간Greek TimeMunhakdongneGreek Lessons2023Deborah Smith and Emily Yae WonPenguin Random House (ISBN 9780593595275)2012노랑무늬영원Yellow Pattern EternityMoonji2013서랍에 저녁을 넣어 두었다I Put Dinner in the Drawer2014소년이 온다A Boy Is ComingChangbiHuman Acts2016Deborah SmithPortobello Books (ISBN 9781846275968)2016흰WhiteNandaThe White Book2017Deborah SmithPortobello Books (ISBN 9781846276958)2021작별하지 않는다Don't Say GoodbyeMunhakdongneWe Do Not Part2025Emily Yae Won and Paige Aniyah MorrisHamish Hamilton
Obras adaptadas a outros formatos O bebé Buda e A vexetariana foron adaptados ao cine.
A película Vegetarian, dirixida por Lim Woo-Seong en 2010, foi seleccionada entre 1.022 presentacións na selección oficial do Festival de Cine de Sundance. Tamén alcanzou o éxito da crítica no Festival Internacional de Cine de Busan.
Participou no proxecto Library of the Future da artista escocesa facilitando un manuscrito en 2019. Este non foi revelado ata 2114 e impreso coas árbores plantadas ao redor desta biblioteca.
Premios
Premio de novela coreana (1999) por O pequeno Buda. Premio Artista Novo do Ano (2000). Premio literario Yi Sang (2005) por A mancha mongólica. Premio de Literatura Dong Ri (2009) por Loita de alento. Festival de Cine de Sundance (2010) de The Vegetarian. Festival Internacional de Cine de San Sebastián (2011), A cicatriz (baseado en TO pequeno Buda). Premio Internacional Man Booker (2016) por The Vegetarian. Premio San Clemente (2018) por The Vegetarian. Premio Nobel de Literatura (2024)
Notas
Categoría:Escritores en lingua coreana Categoría:Escritores de Corea do Sur Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Gwangju Categoría:Premios Nobel de Corea do Sur Categoría:Premio Nobel de Literatura