Diana Scultori, nada en Mantua en 1547 e finada Roma o 5 de abril de 1612, foi unha gravadora italiana tamén coñecida como Diana Mantuana e Diana Ghisi. É unha das primeiras gravadoras coñecidas, realizando principalmente gravados que reproducían de pinturas ou debuxos coñecidos, especialmente de Rafael e Giulio Romano, ou esculturas romanas antigas.

Traxectoria Foi unha dos catro fillos do escultor e gravador Giovanni Battista Scultori e irmá do artista Adamo Scultori, que era moitos anos máis vello ca ela. Ambos son a miúdo chamados "Ghisi" pola estreita asociación da familia con Giorgio Ghisi, un artista máis significativo, e unha interpretación errónea dunha observación de Vasari. Diana aprendeu a arte do gravado do seu pai, e probablemente do seu irmán. Aparece mencionada na segunda edición de Vidas dos artistas de Giorgio Vasari (1568).

En 1565 coñeceu o seu primeiro marido, o arquitecto Francesco da Volterra (Capriani). A parella mudouse a Roma en 1575. Unha vez en Roma, Diana utilizou o seu coñecemento dos negocios dentro do mundo da arte para promover a carreira do seu marido. O 5 de xuño de 1575, recibiu un privilexio papal para facer e comercializar a súa propia obra. Aproveitou a importancia da sinatura e da dedicación para a súa vantaxe. Tres anos despois (1578) deu a luz o seu fillo Giovanni Battista Capriani. Tanto Diana como Francesco convertéronse, de xeito simbólico, en membros da Arquiconfraría do Cordón de San Xosé durante a súa carreira artística.

A súa última estampa datada, de 1588, foi A sepultura sobre Paris Nogari. Despois da morte do seu marido, casou con Giulio Pelosi, outro arquitecto, en 1596, que era 20 anos máis novo ca ela. É improbable que fixera impresións posteriores a 1588, mais o motivo polo que parou continúa sen descubrirse. Morreu 24 anos despois en Roma o 5 de abril de 1612, aos 64 ou 65 anos. Varios dos seus gravados continuaron imprimíndose despois da súa morte.Mantuana [Ghisi; Mantovana; Scultori], Diana, (Grove Art Online. 20 de outubro de 2006), 1

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Nicholson, Elizabeth S. G. "Diana Scultori." Italian Women Artists from Renaissance to Baroque: National Museum of Women in the Arts. Milán: Skira, 2007. 126–34. Print Austin, Jamie . "Italian Art: Women Artist Part II." lifeinitaly.com. 10 Feb 2008 Italian Art: Women Artist II Pagani, Valeria. “A Lunario for the years 1584-1586 by Francesco da Volterra and Diana Mantovano.” Print Quarterly, 8 (1991): 140–5. Bellini, Paolo. L’opera incisa di Adamo e Diana Scultori (Vicenza: Neri Pozza, 1991). Brodsky, Judith K. 1976. "Some notes on women printmakers". The Art Journal / College Art Association of America. XXXV/4, 374–377. Hewitt, Dawn Elizabeth. 2015. "Diana Mantuana: Becoming the first female engraver". Diana Mantuana [electronic resource] : becoming the first female engraver /

Banta, Andaleeb Badiee, Alexa Greist, and Theresa Kutasz Christensen, eds. Making her Mark: A History of Women Artists in Europe, 1400-1800. Toronto, Ontario: Goose Lane Editions, 2023 Ligazóns externas Works by Scultori in the Metropolitan Museum of Art

Categoría:Nados en Mantua Categoría:Nados en 1547 Categoría:Finados en 1612 Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Artistas de Italia