miniatura| Si. Si en notación latina ou B en notación anglosaxoa, é o nome da sétima e última nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota "si" corresponde á letra "B". Este nome mantense en varios idiomas.
Máis tarde o nome desta nota foi "si", que deriva do comezo do sétimo e último verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura En temperamento igual, o si que está por riba do dó medio no piano ten unha frecuencia aproximada de 494 Hz.
Notación centro|miniatura|600x600px| Si nas catro claves máis comúns.
En clave de sol sitúase na terceira liña do pentagrama. Na clave de dó na terceira e cuarta sitúase na primeira liña adicional e na segunda liña adicional respectivamente. Na clave de fa sitúase na cuarta liña adicional superior. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Si maior. Ligazóns externas MuseScore
Categoría:Música