Huayacocotla é un dos 212 municipios en que se divide o estado mexicano de Veracruz. A súa cabeceira é a poboación homónima, onde está a sede do goberno municipal, a igrexa e a principal zona urbana, arredor da praza principal da vila, chamada Praza da Constitución.
O padroeiro da localidade é San Pedro.Plan Municipal... Páxina 31.
Toponimia e escudo O nome de Huayacocotla provén dos vocábulos de orixe náhuatl Hueyi (gal: "grande") coautli (gal: árbore) e tla (partícula de abundancia), en referencia a unha especie de piñeiro que abunda na rexión,Plan Municipal... Páxinas 30-31."Huayacocotla". Enciclopedia de los Municipios de México. Instituto Nacional para el Federalismo y el Desarrollo Municipal (E-local.gob.mx). coñecido como ocote ou piñeiro moctezuma (Pinus montezumae)."Pinus montezumae". SIRE-Paquetes Tecnológicos (Conafor.gob.mx).
A inscrición HUEYE OCOTL forma parte do escudo do municipio, separada a ambos os lados da súa parte superior, onde aparece tamén unha destas árbores, como elemento natural máis representativo da vexetación da contorna. Baixo a árbore reprodúcense as chaves de San Pedro, padroeiro da vila. A parte central do escudo está caracterizada por unha paisaxe montañosa cunha nube chuviosa e un Sol nacente, e baixo ela unhas mans entrelazadas en sinal de amizade e unhas pólas cos froitos máis característicos da zona, todo isto rodeado por catro grecas prehispánicas e o lema RESPETO, AMISTAD, SINCERIDAD. Na parte inferior, unha fita recolle o nome do municipio, o do estado e o do país.
A cor imperante do escudo é a amarela, que representa o pole dos piñeiros, esparexido no tempo da floración.
Historia Os primeiros habitantes da área hoxe ocupada por Huayacocotla foron de orixe huasteca, descendentes dos maias, que estaban en contacto cos pobos mesoamericanos.
Cara a 1565 documéntase a existencia de aproximadamente dous milleiros de habitantes nesta área, aínda que a recorrencia das epidemias e das guerras fixo que case un século despois, en torno a 1640, houbese importantes movementos de poboación cara a Chicontepec e a Tutotepec, no estado de Hidalgo.miniatura|esquerda|250x250px|Detalle do arco interior da igrexa de Huayacocotla, que amosa a data da fin da súa construción (1673).
Os españois tiveron coñecemento da existencia desta zona en 1534, e logo de que o Conde de Regla enviou, en 1550, o monxe agostiño prior do convento de Atotonilco Alonso de Borja, para evanxelizar os poboadores desas terras. Alonso de Borja ordenou iniciar en 1565 a construción da igrexa que hoxe preside a praza central da vila, baixo a supervisión doutro frade agostiño, e o remate das obras non se produciu ata 1673.
Na época de esplendor colonial, houbo diversos nobres españois que intentaron facerse donos de Huayacocotla, como é o caso do Conde de Vaquerías, mais seguía a ser o Conde de Regla quen cobraba os impostos da alcabala aos comerciantes que transportaban mercadorías cara a Nova España, mediante numerosas reas de mulas. Froito desta actividades comerciais, comezaron a fixar a súa residencia en Huayacocotla ricas familias de comerciantes españois.
Por un decreto de 1875 segregouse de Huayacocotla o novo concello de Zacualpan, e en 1877 trasladouse a Huayacocotla a cabeceira do cantón de Chicontepec. Finalmente, o decreto do 27 de maio de 1881 elevou a localidade á categoría de vila.
A conformación actual do municipio de Huayacocotla determinouse mediante un decreto do 29 de setembro de 1979 e outro do 3 de marzo de 1982, que estableceu que a corporación municipal se comporía por un presidente, un síndico único e dous rexedores.Plan Municipal... Páxinas 31-32.
Xeografía e clima
Localización e fisiografía O municipio de Huayacocotla está situado ao norte do estado mexicano de Veracruz, entre os paralelos 20° 20’ e 20° 43’ de latitude norte, e os meridianos 98° 20’ e 98° 36’ de lonxitude oeste; a unha altitude entre os 500 e os 2.800 metros.Plan Municipal... Páxina 33.
Huayacocotla conforma o esporón máis occidental do estado de Veracruz, na parte máis abrupta da rexión da Huasteca, na parte da Serra Madre Oriental que recibe o nome de Serra de Huayacocotla ou de Chicontepec."La Sierra de Huayacocotla". Instituto Terra Nova (Iterra.edu.mx).García, J. (2021). "La Sierra de Huayacocotla". Es.scribd.com Destacan alí os outeiros de El Zapote, El Pilón e Encinal —que forman os cumios de Huayacocotla e que serven de límite co estado de Hidalgo—, os de Tepolo e Jabalí, e outros como o Corcovado, La Cumbre ou Poxtetle.
O municipio de Huayacocotla linda ao norte co estado de Hidalgo e co municipio de Zontecomatlán; ao leste cos municipios de Zontecomatlán, Texcatepec e Zacualpan, e co estado de Hidalgo; e ao sur e ao oeste tamén co estado de Hidalgo. A súa distancia aproximada ao noroeste da capital do Estado por estrada é de 195 quilómetros."Huayacocotla ". Municipios.mx
Con respecto á fisiografía, Huayacocotla áchase na Serra Madre Oriental (nun 89 %) e no Eixe Neovolcánico (nun 11 %).
O municipio ten unha extensión de 571,79 Km2 e ocupa o 0,7 % da superficie do estado de Veracruz.
Clima Huayacocotla ten un clima temperado e húmido, con choivas abondosas no verán e no principio do outono, e menos intensas no inverno. A súa temperatura media é de 13,9 °C, cun rango que oscila entre os 12 °C e os 22 °C, e a súa precipitación media anual é de 1.379,7 milímetros.Plan Municipal... Páxina 34."Huayacocotla, Ver.". Huayacocotla.wordpress.com"Clima y previsión meteorológica mensual Huayacocotla, México". Weather-atlas.com
Demografía De acordo cos resultados do Censo de Poboación e Vivenda de 2020, realizado polo Instituto Nacional de Estatística e Xeografía (INEGI) de México, a poboación total do municipio de Huayacocotla naquel ano era de 21.796 persoas, das que 11.329 eran mulleres e 10.467 eran homes. Este dato supón un aumento do 4,97 % con respecto ao censo de 2010."Huayacocotla". Data México (Economia.gob.mx).Plan Municipal... Páxina 35.miniatura|300x300px|Centro de ensino de bacharelato a distancia de HuayacocotlaA densidade de poboación é de 39,65 habitantes por quilómetro cadrado, e a taxa de mortalidade xeral no municipio é de dúas defuncións por cada 410 nacementos. Plan Municipal... Páxina 38.
En 2020, o 56,9% da poboación achábase en situación de pobreza moderada e o 21,3 % en situación de pobreza extrema. A poboación vulnerable por carencias sociais acadou un 17,2 %, en tanto que a poboación vulnerable por ingresos supuña o 0,87 %.Plan Municipal... Páxina 42.
No relativo ao nivel educativo, a maior parte da poboación ten estudos primarios, e a porcentaxe baixa considerablemente nos niveis superiores. Consonte a enquisa intercensal de 2015 elaborada polo INEGI, a taxa de analfabetismo de Huayacocotla en 2020 era do 13,7 %, e do total de poboación analfabeta, o 42,2 % corresponde aos homes e o 57,8 % ás mulleres.Plan Municipal... Páxinas 38-39.
Segundo os datos de 2005, naquel ano existían no municipio 779 falantes de lingua indíxena (395 homes e 384 mulleres), o que representa o 4,30 % da poboación municipal. A principal lingua indíxena é a náhuatl.
Localidades De entre as 108 entidades menores de poboación que constitúen o municipio de Huayacocotla, as máis importantes por número de habitantes —consonte o censo de 2020— son as seguintes:Plan Municipal... Páxina 36.
+Principais entidades menores do municipioLocalidadePoboaciónHuayacocotla6.113Palo Bendito1.152Carbonero Jacales1.042Zonzonapa755Teximalpa709Resto de localidades12.025Total do municipio21.796miniatura|300x300px|Taxi en servizo en Huayacocotla. Economía Segundo a enquisa intercensal do INEGI de 2015, o municipio de Huayacocotla contaba cunha poboación economicamente activa de 5.537 persoas.
A maior parte da poboación ocupada dedícase a actividades comerciais, administrativas e de servizos. Tamén é relevante o sector primario, dado o volume de poboación dedicado ás actividades de agricultura, gandaría, silvicultura, caza e pesca. A poboación ocupada restante obtén os seus recursos do sector secundario, sinaladamente en actividades artesanais, industriais e manufactureiras.Plan Municipal... Páxina 44.
ActividadePorcentaxeComercio retallista47,00 %Industrias manufactureiras13,80 %Outros servizos (agás Administración)12,80 %Hostalaría12,80 %Comercio por xunto2,91 %Saúde e asistencia social2,73 %Servizos profesionais e técnicos2,55 %Servizos de xestión de residuos1,82 %Servizos culturais e deportivos1,09 %Outros0,55 %
Cultura popular e festividades
Gastronomía As preparacións gastronómicas máis representativas de Huayacocotla son o tamal, os "tlacoyos de alberjón" —torta de millo rechea—, o mole da zona, a "barbacoa" —carne preparada en forno de terra—, a "chilaca" —unha variante local do chile—, a "fruta de horno —un tipo de galleta local con azucre—, o pan artesanal e o "atole de teja" —bebida á base de semente de xirasol e chocolate—. Tamén son típicos dalgunhas comunidades do municipio bebidas tradicionais como os "curados" de amora, tejocote, mazá e pera, e bebidas fermentadas como o pulque.
Música É particularmente típica de Huayacocotla a interpretación do "son huasteco", a ritmo de violín, "jarana" —instrumento de corda similar a unha pequena guitarra— e guitarra "huapanguera". Tamén son habituais as bandas de vento tradicionais.
Artesanía En Huayacocotla realízanse traballos artesanais á base de madeira, como máscaras, cadros ou mobles. Son típicos igualmente os abrigos de la, outros traballos de costura e os bordados de punto de cruz.
Festividades e celebracións miniatura|300x300px|Disfrace de capote con sombreiro charro no Entroido de 2009.
Festa patronal, celebrada no núcleo urbano de Huayacocotla en febreiro, dúas semanas antes da Coresma, dedicada a San Pedro e ao "Padre Jesús". Ten unha vertente relixiosa e outra festiva, con atraccións, teatro popular pelexas de galos e danzas de grupos infantís e xuvenís."Huayacocotla Veracruz: tradiciones". Huayacocotla-veracruz-mexico.blogspot.com"Inicia la fiesta patronal de padre Jesús y de San Pedro Apóstol, en Huayacocotla". Masnoticias.mx. 17 de febrero de 2020. Entroido: comeza despois da festa patronal, catro días antes da Coresma, e finaliza un día antes do Mércores de Cinsa. O disfrace predominante é o do "capote" co sombreiro de "charro", típicvo mexicano, e cunhas túnicas tradicionais moi decoradas e bordadas á man."Inician carnavales en Huayacocotla". Masnoticias.mx. 10 de enero de 2023. Semana Santa: en abril, con representacións en vivo do Víacrucis e actos relixiosos, no centro urbano e en torno á igraxa principal."Semana Santa 2024 en Huayacocotla". Masnoticias.mx. 1 de abril de 2024. Santa Cruz. Esta celebración comeza o 1 de maio, coa translación da imaxe do "Padre Jesús" á capela da Cruz del Milagro, que se acha a 45 minutos a pé desde o centro da vila. Alí celébrase unha misa e logo unha romaría popular, pechada con pirotecnia."En Huayacocotla, celebran de manera sencilla el Día de la Cruz". Masnoticias.mx. 12 de decembro de 2023. Corpus Christi: no mes de xuño."En Huayacocotla, feligresía católica conmemora Corpus Christi". Masnoticias.mx. 8 de xuño de 2023. Defuntos: os días 1 e 2 de novembro en todo o municipio, en lembranza dos defuntos, colócanse altares con flores e elabóranse comidas típicas."Exposición de altares en Huayacocotla, mantiene viva la tradición de Todos Santos". Masnoticias.mx. 31 de outubro de 2023. Día da Virxe de Guadalupe: o 12 de decembro. Celébrase con actos relixiosos e ofrendas florais.Plan Municipal... Páxina 32."En Huayacocotla recuerdan a la Virgen de Guadalupe". Masnoticias.mx. 12 de decembro de 2018. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Cortés Espinoza, R. (2010). Inventario del Archivo Municipal de Huayacocotla, Veracruz . Apoyo al Desarrollo de Archivos y Bibliotecas. México. ISBN 978-607-416-184-7
Ligazóns externas Sitio web do Municipio de Huayacocotla
Categoría:Concellos de Veracruz