O clordiacepóxido é unha droga hipnótica derivada das benzodiacepinas. Posúe propiedades de sedación, ansiolise e relaxación muscular.

Historia O clordiacepóxido foi a primeira benzodiacepina en ser sintetizada e disposta para a súa comercialización. Foi descuberta accidentalmente por Leo Sternbach a mediados dos 50, e comercializada por Roche Pharmaceuticals en 1960. Ten unha vida media de eliminación moderada a larga.

Sternbach desenvolvería máis tarde o diacepam, vendido por Roche dende 1963. Logo outras compañías desenvolverían moitas outras variedades desta droga.

A medida que as prescricións de benzodiacepinas foron en rápido ascenso a finais dos 60 e nos anos 70, o problema da dependencia a estas drogas comezou a xurdir. Porén, o clordiacepóxido é aínda un tratamento eficaz para os pacientes que sofren de cadros de ansiedade aguda. Aínda se produce e prescribe hoxe en día, xunto cunha ampla variedade de benzodiacepinas, todas con características similares.

Mecanismo de acción Crese que o clordiacepóxido actúa sobre os receptores GABA tipo A, producindo un efecto inhibitorio similar á doutras benzodiacepinas.

O clordiacepóxido bloquea o aumento de actividade eléctrica cerebral proveniente da estimulación da formación reticular no tronco do encéfalo.

En estudos animais comprobouse unha acción sobre o sistema límbico do cerebro, o cal ten que ver cos efectos emocionais da droga. Estes efectos son fundamentalmente a diminución do medo e da agresividade.

Indicacións O clordiacepóxido indícase para o tratamento de: Insomnio. Ansiedade. Trastorno de pánico. Síndrome de abstinencia alcohólica. Síndrome de abstinencia de opiáceos. Colite ulcerosa. Enfermidade de Chron.

Posoloxía O clordiacepóxido está dispoñible en presentacións de 5 mg, 10 mg e 25 mg.

Efectos adversos Os efectos adversos comúns do clordiacepóxido inclúen: Somnolencia. Depresión. Trastornos na función motora: Trastornos na coordinación. Trastornos do equilibrio. Vertixe. Nerviosismo. Amnesia anterógrada (especialmente con altas doses).

Contraindicacións O uso do clordiacepóxido debe evitarse en persoas coas seguintes condicións: Miastenia gravis Intoxicación aguda por: Alcohol Narcóticos Outras substancias psicoactivas. Ataxia Hipoventilación severa. Glaucoma de ángulo estreito. Deficiencia hepática severa: Hepatite. Cirrose hepática. Apnea do sono severa. Alerxia a hipersensibilidade a calquera droga da clase das benzodiacepinas.

Sobredose Un individuo que consumiu demasiado clordiacepóxido pode presentar un ou máis dos seguintes síntomas: Somnolencia (dificultade para manterse desperto) Confusión mental. Hipotensión arterial. Hipoventilación Trastornos na función muscular: Trastorno nos reflexos. Trastorno na coordinación. Trastornos do equilibrio. Mareos Debilidade muscular. Coma.

En modelos animais, a dose letal DL50 oral é de 537 mg/kg.

A sobredose de clordiacepóxido é considerada unha emerxencia médica e require, polo xeral, a asistencia inmediata de persoal médico. O antídoto para unha sobredose de clordiacepóxido (como con calquera outra benzodiacepina) é o flumacenil.

Consideracións legais Internacionalmente, o clordiacepóxido é unha droga en lista IV segundo o Convenio sobre substancias psicotrópicas.

Notas

Categoría:Benzodiacepinas