La maternal é unha película dramática de 2022, escrita e dirixida por Pilar Palomero e protagonizada por Carla Quílez e Ángela Cervantes.

Argumento A protagonista é Carla, unha moza salvaxe e rebelde de 14 anos, que vive modestamente nos arredores dunha cidade coa súa nai. Por mor dun embarazo é levada a unha casa de acollida polos servizos sociais locais, onda dá a luz un neno. Con outras nais novas do centro (Raki, Estel, Claudia, Jamila e Sheila), Carla debe aprender a xestionar a súa nova vida e tamén ten que facer fronte ás vicisitudes da súa tensa relación coa súa nai Penélope.

Notas

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Pilar Palomero