Iseu é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués. A súa orixe é un nome literario, derivado da lenda céltica de Tristán e Iseu, que forma parte do ciclo do rei Artur. É probable que proveña do galés medieval Essylt, que quere dicir ‘fermosa’. En galego tamén ten a variante Isolda, forma latinizada popularizada pola ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (1865).
En xaneiro de 2023, non había en Galicia persoas rexistradas cos nomes Iseu ou Isolda.Iseu na Web do Instituto Galego de Estatística
Iseu noutras linguas Alemán: Isolde Bretón: Isild Castelán: Isolda Catalán: Isolda Éuscaro: Isolda Francés: Yseult / Iseult / Isolde Inglés: Isolda Italiano: Isotta Portugués: Isolda / Iseu Romanés: Isolda Ruso: Izolda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tristán (nome) Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega
Categoría:Nomes femininos de orixe celta Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos portugueses