pronuncia en xaponés: [jamaha] é unha compañía xaponesa fabricante de instrumentos musicais e equipos de son.
É un dos compoñentes do Nikkei 225 e é a maior empresa de fabricación de instrumentos musicais do mundo.
Historia Fundada en 1887 por Torakusu Yamaha como Nippon Gakki Company, Limited, a empresa comezou fabricando pianos e harmonios, e fabricou o primeiro piano feito no Xapón. Ao longo do tempo, Yamaha diversificou a súa produción para incluír moitos outros tipos de instrumentos musicais, incluíndo trompas, ademais de equipos electrónicos e tecnoloxía diversa.
Tamén é recoñecida pola súa contribución á educación musical a través da súa rede global de escolas de música.
Compañía de motor Ademais dos instrumentos musicais, Yamaha Motor Company, unha empresa derivada en 1955, converteuse nun dos líderes mundiais na fabricación de motocicletas, motores de vehículos mariños, e outros vehículos motorizados.
Imaxe corporativa O logotipo de Yamaha Corporation incorpora un diapasón desde 1898. Nesa primeira versión era levado no peteiro por un ave fénix. Desde 1916, o logo consta de tres diapasóns entrecruzados que representan a conexión e a harmonía entre a tecnoloxía, a produción e as vendas, que son os tres piares da filosofía empresarial de Yamaha, segundo indican na súa páxina web oficial. miniatura| Torakusu Yamaha, fundador de Yamaha Corporation|319x319px miniatura| O edificio Yamaha Ginza de Tokio é a maior tenda de instrumentos musicais de Xapón. O complexo inclúe unha zona comercial, sala de concertos e estudo de música.|445x445px
Produtos Yamaha expandiuse a moitos negocios e grupos de produtos diversos. A primeira aventura en cada categoría principal está listada a continuación.
1887 Harmonios 1900 Pianos 1903 Mobles 1914 Harmónicas 1922 Equipos de son (primeiro fonógrafo de manivela) 1942 Guitarras 1955 Motocicletas: fabricadas por Yamaha Motor Company, que comezou como unha empresa afiliada a Nippon Gakki (nome de Yamaha Corporation naquel momento) pero hoxe é unha empresa separada. 1959 Artigos deportivos (comezando polo tiro con arco) 1959 Escolas de música 1961 Aliaxes metálicas 1965 Instrumentos de banda (primeiro trompeta) 1967 Tambores 1971 Semicondutores 2000 Yamaha Music Communications (compañía discográfica) 2001 Yamaha Entertainment Group (compañía de entretemento)
Véxase tamén
Yamaha Motor Company Yamaha Pro Audio Yamaha XG
Categoría:Empresas Categoría:Empresas do Xapón Categoría:Empresas de electrónica Categoría:Empresas de instrumentos musicais Categoría:Discográficas do Xapón Categoría:Fabricantes de motocicletas