Cissy Houston, cuxo nome de solteira era Emily Drinkard, nada o 30 de setembro de 1933 en Newark, Nova Jersey, e finada o 7 de outubro de 2024, foi unha cantante estadounidense de soul e gospel.

Traxectoria Os seus pais Nicholas Drinkard e Delia Mae Drinkard (de solteira McCaskil) tiveron oito fillos (catro homes e catro mulleres). En 1938, con só cinco anos de idade, Cissy formou parte dun grupo de gospel xunto a tres irmáns, chamado nun principio Drinkard Quarter e despois, cando se xuntou a irmá Marie, The Drinkard Singers.

Despois dunha exitosa carreira como corista para artistas como Roy Hamilton, Dionne Warwick (a súa sobriña), Elvis Presley, Aretha Franklin e Chaka Khan, Houston iniciou unha carreira en solitario, gañando dous premios Grammy polo seu traballo.

Houston era a nai da cantante e actriz Whitney Houston, tía das cantantes Dionne Warwick e Dee Dee Warwick, e curmá da cantante de ópera Leontyne Price. Houston era a avoa da única filla de Whitney Houston, Bobbi Kristina Brown.

Houston morreu o 7 de outubro de 2024 baixo coidados paliativos en Newark, Nova Jersey por problemas causados pola enfermidade de Alzheimer á idade de 91 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cissy Houston @ Artist Direct Cissy Houston's oral history video excerpts en The National Visionary Leadership Project The New Hope Baptist Church http://www.visionaryproject.org/houstoncissy/ Entrevista en vídeo. Live Performance with David Bowie

Categoría:Finados por alzhéimer Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades do cristianismo dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 2024 Categoría:Nados en 1933 Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Grammy Categoría:Nados en Newark, Nova Jersey