Francisco García Olano nado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1870 e finado en Buenos Aires o 21 de agosto de 1933, foi un empresario galego.

Traxectoria

Fillo de Venancio García, canteiro de Quireza que casou en Vilalba con Guadalupe Olano, establecéronse en Mondoñedo. Emigrou a Buenos Aires en 1887 e estableceuse como comerciante. Foi nomeado síndico do Banco de Galicia en 1905. Foi presidente do Centro Gallego de Buenos Aires de 1923 a 1926. Durante a súa presidencia conseguiuse o terreo para o panteón do cemiterio da Chacarita e creou a Farmacia Social.Galicia, 26-8-1934, p. 3. Finou en Buenos Aires o 21 de agosto de 1933.Vida Gallega, 10-10-1933, p. 40. Vida persoal

Foi pai de Francisco García Olano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas García Olano, el mindoniense que empleó a 1.400 emigrantes

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1933