miniatura|180px|dereita|Escudo de armas do Reino de Hawai. Liliʻuokalani, nada o 2 de setembro de 1838 en Honolulu e finada o 11 de novembro de 1917 na mesma cidade, foi a derradeira monarca e a única raíña do Reino de Hawai. Naceu co nome de Lydia Liliʻu Loloku Walania Wewehi Kamakaʻeha pero era coñecida polo nome Lydia Kamakaʻeha Pākī. Cando casou pasou chamarse Lydia K. Dominis e como raíña Liliʻuokalani.
Infancia Seguindo a tradición hawaiana Liliʻuokalani foi adoptada por Abner Paki e a súa muller, Konia (unha filla adoptiva do rei Kamehameha I). Pasou a infancia entre os estudos e os xogos con Bernice Pauahi, filla natural da súa familia adoptiva. Neste período no que acudiu á Escola Real aprendeu un bo inglés.
Reinado O 16 de setembro de 1862 casou con John Owen Dominis, que sería Gobernador Real de Oʻahu e Maui. A parella non tivo fillos, polo que o herdeiro de Liliʻuokalani foi, durante moitos anos, a súa sobriña Victoria Kaʻiulani (1875-1899), que faleceu antes que ela.
Liliʻuokalani herdou o trono do seu irmán Kalākaua o 17 de xaneiro de 1891. Ao pouco tempo de alcanzar o poder tentou abolir a constitución entón vixente para preparar unha nova que renovase o poder da monarquía. Sentíndose ameazados pola proposta real de abolición da constitución (e os dereitos que alí se contiñan), os numerosos norteamericanos e europeos residentes no Reino de Hawai, conseguiron que a soberana abdicase de feito por atentar contra as garantías constitucionais.
A tales turbacións uníronse outras: o comercio sufriu fortes repercusións negativas, en especial cando os Estados Unidos bloquearon as tarifas da importación do azucre hawaiano, e cando se lanzou a idea de anexionar as Illas Hawai por parte daqueles. Esta última manobra sinalou o inicio do fin da monarquía: o ministro americano John L. Stevens ordenou ao "USS Boston" que se mantivese amarrado nas Hawai para protexer os intereses comerciais americanos, sendo a raíña forzada a aceptar a abdicación, que tivo lugar o 17 de xaneiro de 1893, e que foi seguida pola instauración dun goberno provisional.
Á vista dos acontecementos internos e a crecente presión externa, o 16 de novembro o mesmo goberno provisorio propuxo a Liliʻuokalani que subise de novo ao trono a cambio dunha amnistía para os responsábeis da revolta, mais como resposta a exraíña declarou que habería condenar a morte a todos os responsábeis. O 18 de decembro Liliʻuokalani retirou tales afirmacións, de xeito que o presidente norteamericano Grover Cleveland, presentou unha relación do sucedido ao Congreso dos Estados Unidos na que pedía ao goberno provisorio das Hawai que aceptase a reasunción do trono pola exraíña, mais nese punto foi o propio goberno hawaiano o que refugou a oferta. 200px|miniatura|dereita|Imaxe oficial da raíña Liliʻuokalani.
O 16 de xaneiro de 1895 foi proclamada a República das Hawai que, como era de prever, en 1898 foi anexada aos Estados Unidos.
Liliʻuokalani viviu como cidadá particular en Washington Place (Hawai) ata 1917, ano da súa morte.
Árbore xenealóxica
Ligazóns externas Hawaii's Story by Hawaii's Queen by Liliuokalani, Queen of Hawaii (1838-1917). Boston: Lee and Shepard, 1898.
Categoría:Dinastía Kalākaua Categoría:Nados en Honolulu, Hawai Categoría:Nados en 1838 Categoría:Finados en 1917