Nihyakutōka (en ; en ) é unha novela curta de Natsume Sōseki. Foi publicada en outubro de 1906 na revista literaria Chūōkōron.
Sinopse A novela comeza e remata cunha conversa entre dous mozos, Kei e Roku, que están a escalar o monte Aso. A historia trata temas triviais, como o encontro cunha muller nunha pousada que descoñece a cervexa ou os ovos cocidos, ou cun ferreiro no camiño. Kei opina sobre a nobreza e mais os ricos, con referencias á obra A Tale of Two Cities (1859), de Charles Dickens.
Tras percorrer varias zonas do Aso, os dous intentan a subida até o cumio, pero pérdense durante unha tormenta no día 210 (aproximadamente o 1 de setembro, coñecido como "o día das tormentas" no Xapón). Tras regresar á estación sen conseguir o seu obxectivo, prometen derrotar á nobreza e aos ricos, e algún día desafiar de novo ao monte Aso.
Traducións En inglés The 210th Day (2011). Tradución de Sammy I. Tsunematsu. Tuttle Publishing
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Texto completo en xaponés (Aozora Bunko)
Categoría:Literatura en lingua xaponesa Categoría:Obras literarias de Natsume Sōseki