Castillo Suárez García, nada en Altsasu, Navarra o 11 de xuño de 1976, é unha escritora navarra en lingua éuscara.
Traxectoria Licenciada en filoloxía éuscara, traballa na Mancomunidade de Sakana (Navarra) como técnica responsable do Servizo de Éuscaro.
Gañou en dúas ocasións o concurso de poesía do Concello de Pamplona. Posteriormente recibiu o premio Ernestina de Champourcín, instituído pola Deputación de Áraba, en dúas ocasións.
En 2022 foi elixida como nova académica da Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, para cubrir a vacante de Patxi Zabaleta.
Obra Poesía Amodio galduak (concello de Pamplona, 1999). Bitaminak (concello de Pamplona, 2000). Iragarki merkeak (Deputación Foral de Áraba, 2000). Mugarri estaliak (Susa, 2000). Recompilación con tres partes: unha sobre as viaxes, a segunda sobre o amor e a terceira sobre a escrita. Madarikazioa (Depputación Foral de Áraba, 2003). Spam poemak (Elkar, 2004). Bala hutsak (Elkar, 2006). Souvenir, (Elkar, 2008).
Literatura infantil Ebelina Mandarina, (Erein, 2010). Nobio bat nire amarentzat (Elkar, 2011). Muxurik nahi? (Mezulari, 2011). Nemo kapitainaren azken bidaia, il. Aitziber Alonso, (Erein, 2017).
Premios e recoñecementos XXVIII Premio Lizardi do Concello de Zarautz por Ebelina Mandarina (Erein, 2010).
Notas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Altsasu Categoría:Escritores de Navarra Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco