A eparquía de Newton é unha sé da Igrexa católica greco-melquita inmediatamente suxeita ao patriarcado de Antioquía dos melquitas. En 2022 tiña 32.000 bautizados. O seu bispo é François Beyrouti dende 2022.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre todos os fieis da Igrexa católica greco-melquita dos Estados Unidos de América. A sé episcopal é Newton, onde está a catedral da Anunciación; nos Ánxeles está a concatedral de Santa Ana.

Episcopoloxio Justin Abraham Najmy (27 de xaneiro de 1966 - 11 de xuño de 1968, finado) Joseph Elias Tawil (31 de outubro de 1969 - 2 de decembro de 1989, retirado) Ignatius Ghattas (2 de decembro de 1989 - 22 de xuño de 2004, retirado) Cyrille Salim Bustros (22 de xuño de 2004 - 15 de xuño de 2011, confirmado como arcebispo de Beirut) Nicholas James Samra (15 de xuño de 2011 - 20 de agosto de 2022, retirado) François Elias Beyrouti (dende o 20 de agosgto de 2022)

Categoría:Divisións territoriais católicas nos Estados Unidos de América Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Eparquías católicas