Gosho Aoyama (青山剛昌, あおやま ごうしょう, Aoyama Gōshō) naceu o 21 de xuño de 1963 na prefectura de Tottori no Xapón e é debuxante de manga coñecido por ser o creador de O detective Conan.

Perfil Alcume: Gosho Aoyama Nome real: Aoyama Yoshimasa (青山剛昌, あおやま よしまさ) Data de nacemento: 21 de xuño de 1963 Lugar: Daiei, prefectura de Tottori (Xapón) Estatura: 1,74 metros Grupo sanguíneo: B

Biografía Aoyama comezou a debuxar cando aínda era un estudante de Belas Artes na Universidade de Nihon, onde entrou a formar parte do club de manga. Alí coñeceu a Yutaka Abe, un afeccionado ó manga, que lle animou a seguir debuxando. Nun primeiro intre a intención de Aoyama era entrar na facultade como profesor de Arte pero tralos eloxios de Abe tomouse en serio a idea de ser debuxante de manga.

Tras rematar a carreira debutou coa obra Chotto Mattete, que foi publicada na revista Shonen Sunday en inverno de 1987. Máis tarde publicaría, tamén na mesma revista, Magic Kaito.

As súas obras Tell me a Lie (私にウソをついて, Watashi ni Uso wo Tsuite) O detective Conan (名探偵コナン, Meitantei Conan) Magic Kaito (まじっく快斗, Majikku Kaito; protagonizada polo famoso ladrón Caco Kid) Yaiba Historias curtas de Gosho Aoyama

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Debuxantes de manga Categoría:Nados na prefectura de Tottori Categoría:Nados en 1963