Magnum (orixinalmente Magnum P.I., Magnum private investigator) é unha serie norteamericana de televisión protagonizada por Tom Selleck que facía o papel de Thomas Magnum que consistía nos traballos dun investigador privado que vivía en Hawai. A serie retransmitiuse pola canle norteamericana CBS, chegou a Galicia por medio da TVG que a emitiu en tres ocasións, a primeira en 1985, sendo a última a finais do 2006, polas mañás, cunha nova dobraxe de acordo coas novas normas da RAG. Esta serie colleitou un éxito considerable a primeira vez que se emitiu pola TVG.

Véxase tamén Ligazóns externas Magnum na TVG

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1980 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1988 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Series de televisión da CBS