Amador Torrado Fernández, nado en Rianxo en 1915 e finado en Casería de Ossio, San Fernando (Cádiz) o 21 de novembro de 1940, foi un mariño galego.
Traxectoria Estaba destinado no cruceiro Miguel de Cervantes, onde se desempeñaba como barbeiro. O buque permaneceu leal ó goberno da Segunda República Española logo do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Foi xulgado en Ferrol por deserción e declarado en rebeldía. En 1939 estaba preso no campo de concentración de Rota, Cádiz, despois no penal de Casería de Ossio, onde foi xulgado en consello de guerra e sentenciado a morte. Executado o 21 de novembro de 1940, os seus restos foron depositados na foxa común do cemiterio de San Fernando.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1940