Domingo Fontán Rodríguez, nado en Porta do Conde (Portas) o 17 de abril de 1788"Apuntes biográficos" Fundación Domingo Fontán . e finado en Cuntis o 24 de outubro de 1866, foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta xeométrica de Galicia. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago. Os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres.Xema Aguiar: "Domingo Fontán, el ilustre olvidado", Galiciaé. 20/5/2008.
Traxectoria De familia acomodada, os seus pais foron Rosendo Fontán Oliveira e Sebastiana Rodríguez Blanco. O seu pai e toda a familia Fontán é orixinaria de Briallos, parroquia de San Cristovo de Briallos (hoxe Concello de Portas).Arquivo familiar
Foi o segundo de cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Domingo e Andrés, o seu irmán máis vello, foron educados por un tío materno, cura párroco en Noia.Suso de Toro: "Domingo Fontán, matemático sublime" El País, 1/4/2011.
Pasou boa parte da súa vida vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, onde primeiramente cursou os estudos de Filosofía, matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias exactas e Teoloxía e foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático de Bermés". En 1811 comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso 1813-14 substituíu o titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. Foi procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.
En 1817 comezou os seus traballos de medición para realizar a Carta xeométrica de Galicia, labor ao que consagrou dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. Durante o Trienio liberal foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1834 rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raíña Gobernadora, María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano 1845 en París. Este foi o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas.
Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano no que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo. Non obstante, o seu liberalismo valeulle a perda da súa cátedra universitaria até en dúas ocasións.Miguel-Anxo Murado (2008). Otra idea de Galicia, p. 11. Debate. ISBN 978-84-8306-771-0. Foi bibliotecario primeiro e presidente despois (de 1860 a 1861) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago.
Tivo parte, por herdanza, nunha fábrica de papel no Castro, Lousame, que en 1863 chegou a ser enteiramente da súa propiedade."Fontán polifacético" Fundación Domingo Fontán .Asociación Galega do Patrimonio Industrial 31/1/2010 . Traballou tamén no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago de Compostela con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois. miniatura|PLANO DE LA RÍA DE AROSAporel D.rD. Domingo Fontánaño de 1828. (o norte está á esquerda). Finou nun balneario en Cuntis, por mor dunha cistite aguda. Os seus restos foron soterrados no cemiterio xeral de Santiago e, o 30 de decembro de 1988, trasladados ao chan do Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval.Xosé Lois Vila Fariña: "As súas cinzas"
Na cultura popular En 2015 a Editorial Galaxia publicou a novela de Marcos S. Calveiro, Fontán, baseada na súa vida."«A novela reivindica a figura de Fontán e o papel da ciencia»" La Voz de Galicia, 27/1/2016.
Recoñecemento A Real Academia Galega de Ciencias designouno como Científico Galego 2018.
Levan o seu nome rúas de varias cidades: Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Poio e Madrid.
Galería de imaxes miniatura|PLANO DEL PAISadyacente a las tres rías de laCORUÑA, BETANZOS Y FERROL,llamado de las Mariñas,Por el D.r D.n Domingo Fontán
Notas
Véxase tamén miniatura|Reportaxe sobre o mapa de Fontán en Nós TV. Bibliografía
.
Ligazóns externas Fundación Domingo Fontán . "Domingo Fontán Rodríguez. O home que puxo a Galicia no mapa" Álbum da ciencia, CCG. As causas das cousas, capítulo de Historias de Galicia na TVG. Domingo Fontán e a Carta Xeométrica. Recursos Unidade didáctica do Consello da Cultura Galega
Categoría:Personalidades do ensino de Galicia Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Xeógrafos de Galicia Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Portas Categoría:Nados en 1788 Categoría:Finados en 1866 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Cartógrafos de España Categoría:Artigos destacados sobre Galicia Categoría:Día da Ciencia en Galicia