A psicopatía é un trastorno de personalidade.A psicopatía refírese a un conxunto de trazos de personalidade, como falta de empatía, impulsividade etc. Non está recoñecida como un diagnóstico formal nos principais manuais clínicos como o DSM-5. En cambio, o Trastorno da personalidade antisocial (TPA) é un diagnóstico clínico establecido que describe un patrón persistente de comportamento antisocial e desconsideración polos dereitos dos outros, e está incluído no DSM-5. Os psicópatas non mostran preocupación nin respecto polos sentimentos ou dereitos dos demais. Case non mostran empatía nin emocións e non intentan axustarse ás normas sociais e carecen de sentimento de culpabilidade. É un termo semellante á sociopatía, aínda que hai matices nos dous termos. Terminoloxía

Etimoloxía O termo 'psicópata' provén do grego. A palabra está formada pola combinación de dous elementos gregos: "psyche" (ψυχή), que significa 'mente' ou 'alma', e "pathos" (πάθος), que significa 'doenza' ou 'sufrimento' (da mesma raíz, "patoloxía"). Polo tanto, 'psicópata' tradúcese literalmente como 'doenza da mente' ou 'sufrimento da alma'.

Definición A definición de psicopatía variou. Utilízanse diferentes definicións. Só se superpoñen en parte e ás veces parecen contraditorias.

Algunhas persoas son etiquetadas incorrectamente como psicópatas, a pesar de non presentaren desafíos significativos coas normas sociais. A psicopatía pode ser mal interpretada, sendo un trastorno complexo que inclúe trazos como falta de empatía e comportamento manipulador. Ademais, estudos recentes mostran que existen diferenzas de xénero na manifestación da psicopatía: nos homes, a psicopatía tende a manifestarse con comportamentos máis abertamente antisociais, mentres que nas mulleres pode presentarse de formas menos directas, aínda que tamén inclúen manipulación e desconsideración polos outros. Trazos de personalidade Moitos psicópatas son encantadores e adoitan ter lazos superficiais con outras persoas. Adoitan mostrar tamén outros comportamentos antisociais, incluíndo sadismo, violencia e enganos. Usan outras persoas para o seu propio beneficio; son egoístas e acostuman descartar as persoas que xa non lles serven.Dutton, Kevin 2012. The Wisdom of Psychopaths. Scientific American / Farrar, Straus & Giroux. (e-book)

Influencia de substancias psicoactivas Estudos recentes vincularon o consumo de substancias como a cocaína con patróns de comportamento psicopático, exacerbando trazos como a impulsividade e desconsideración polos dereitos dos outros, contribuíndo a comportamentos máis extremos en individuos con tendencias psicopáticas.

Tratamento Hai esforzos para utilizar a terapia condutual para tratar psicópatas; moitas veces, isto pódese facer en centros penitenciarios, onde a prevalencia do trastorno de personalidade antisocial é maior.

Con todo, entre os psiquiatras profesionais, a psicopatía é coñecida por ser difícil de tratar.

Notas

Véxase tamén

Psicopatoloxía Sicofanta Trastorno de personalidade Trastorno de personalidade antisocial

Categoría:Trastornos de personalidade