San Pedro de Farnadeiros é unha parroquia do concello do Corgo, que dá nome ao arciprestado do Páramo-Farnadeiros. En 2010 tiña 123 habitantes (60 homes e 63 mulleres) o que supón unha diminución de 48 persoas respecto ao ano 1991 no que tiña 171 habitantes agrupados en 12 entidades de poboación.
Situación xeográfica Está situada aproximadamente a 14 km da cidade de Lugo cara ao sur. Limita ao norte coa parroquia de Paradela, ao sur con Santo Estevo de Farnadeiros, ao leste con Sabarei e Manán, e ao oeste con Quinte.
Festas A festa principal celébrase o 15 de agosto, día da Nosa Señora.
Lugares e parroquias Lugares de Farnadeiros
Parroquias do Corgo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Corgo Ligazóns externas Vista de satélite de San Pedro de Farnadeiros centrada na igrexa parroquial Fotos de paisaxe Pazo de Quintela
Categoría:Parroquias do Corgo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro