A Comarca de Las Vegas é unha das comarcas da Comunidade de Madrid segundo a Guía de Turismo Rural e Activo, editada pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura e Turismo) da Comunidade de Madrid. Posúe unha extensión de 1378,13 km² e está bañada polos ríos Tajo, Tajuña e Jarama.
Xeografía thumb|Contorna do Parque Rexional do Sueste, preto de Rivas-Vaciamadrid.
A comarca de Las Vegas é a máis meridional da Comunidade de Madrid, o río Tajo marca a fronteira sur da rexión administrativa coas provincias de Toledo, Cuenca e Guadalaxara (Castela-A Mancha). Os seus 23 concellos posúen unha clara influencia manchega, con arquitectura, paisaxe e costumes similares.
O relevo da comarca é levemente accidentado debido aos numerosos cursos de auga que percorren o territorio. Os seus límites xeográficos están moi delimitados polos outeiros que a bordean, terras estas de secaño que contrastan vivamente coa paisaxe verde e rico que ofrecen as veigas dos ríos.
Entre as áreas naturais destaca o Parque Rexional do Sueste. A vexetación é esteparia, adaptada ao clima seco e oscilante, con especies que resisten ben a seca estival: piñeiro carrasca, aciñeira, oliveira e xesta. Asociada aos ríos que sucan a comarca crece o bosque de ribeira onde sobresaen os olmos, os salgueiros, os álamos e os chopos.
Las Vegas posúe un clima mediterráneo continental que se caracteriza polas grandes oscilacións térmicas entre os meses de verán (longos e calorosos) e os de inverno (fríos con abundantes néboas). A media anual de precipitacións é unha das máis baixas da Comunidade de Madrid, concentradas no outono e a primavera.
Economía As fértiles terras de Las Vegas determinaron unha marcada tradición agrícola que se mantén na actualidade. Boa proba diso é a produción de amorodos, espárragos, alcachofas, pementos ou melones, cultivos que gozan de recoñecemento máis aló dos límites autonómicos. Tamén os sectores industrial e turístico están presentes debido á proximidade á Área metropolitana de Madrid. Un dos grandes referentes do turismo do século XXI é o Parque Warner, un parque de atraccións temático situado en San Martín de la Vega.
Patrimonio thumb|Centro histórico de Chinchón. Entre as cidades máis coñecidas e monumentais destacan Aranjuez e Chinchón, aínda que tamén existe un valioso patrimonio relixioso e civil noutros pobos da comarca.
Aranjuez A cidade de Aranjuez está declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde o ano 2001 baixo a denominación de Paisaxe cultural de Aranjuez. Entre os seus monumentos máis destacados están o Palacio Real, os Xardíns Reais, a Igrexa de San Antonio e o Convento de San Pascual, que pertencen todos a Patrimonio Nacional.
Chinchón Chinchón é Conxunto Histórico-Artístico desde 1974 e pertence á rede de Os pobos máis bonitos de España. Destaca o seu Praza Maior, de arquitectura popular medieval; a Igrexa da nosa Señora da Asunción, o Castillo dos Condes de Chinchón e o Convento de San Agustín (reconvertido en Parador Nacional de Turismo).
Outros monumentos Las Vegas ten unha interesante arquitectura, tal e como se pode apreciar na Praza Maior de Colmenar de Oreja, típica praza porticada castelá similar á de Chinchón. Tamén é unha terra de castelos, dos cales moitos se atopan aínda en bo estado de conservación, é o caso do Castelo de Villarejo de Salvanés, ou o Castelo de Fuentidueña de Tajo. Ademais, conta con diversas actividades culturais e relixiosas de grande importancia turística, como a Embarcación de Fuentidueña de Tajo, a Paixón de Chichón ou a Representación da Batalla do Jarama.
Concellos da comarca A comarca está formada polos seguintes concellos, coa superficie en quilómetros cadrados e a súa poboación no ano 2021:
{| class="wikitable sortable" border="1" ! Concello || Superficie || Poboación |- | Total comarca | align=right | 1579,13 | align=right | 162 386 |- | Ambite | align=right | 26 | align=right | 662 |- | Aranjuez | align=right | 189,13 | align=right | 59 833 |- | Belmonte de Tajo | align=right | 23,71 | align=right | 1751 |- | Brea de Tajo | align=right | 44,33 | align=right | 523 |- | Carabaña | align=right | 47,58 | align=right | 2142 |- | Chinchón | align=right | 115,91 | align=right | 5506 |- | Ciempozuelos | align=right | 49,64 | align=right | 25 083 |- | Colmenar de Oreja | align=right | 114,32 | align=right | 8303 |- | Estremera | align=right | 79,1 | align=right | 1381 |- | Fuentidueña de Tajo | align=right | 60,59 | align=right | 2228 |- | Morata de Tajuña | align=right | 45,2 | align=right | 7924 |- | Orusco de Tajuña | align=right | 21,51 | align=right | 1291 |- | Perales de Tajuña | align=right | 48,92 | align=right | 3059 |- | San Martín de la Vega | align=right | 105,93 | align=right | 19 853 |- | Tielmes | align=right | 26,88 | align=right | 2781 |- | Titulcia | align=right | 9,95 | align=right | 1360 |- | Valdaracete | align=right | 64,31 | align=right | 612 |- | Valdelaguna | align=right | 42,13 | align=right | 1026 |- | Valdilecha | align=right | 42,48 | align=right | 3079 |- | Villaconejos | align=right | 32,97 | align=right | 3464 |- | Villamanrique de Tajo | align=right | 29,32 | align=right | 762 |- | Villar del Olmo | align=right | 27,62 | align=right | 2211 |- | Villarejo de Salvanés | align=right | 118,62 | align=right | 7552
Notas
Véxase tamén Outros artigos Comunidade de Madrid Comarcas da Comunidade de Madrid Concellos da Comunidade de Madrid
Ligazóns externas Web oficial da Comarca de Las Vegas Asociación de Desarrollo Rural Aranjuez-Comarca de Las Vegas (ARACOVE) A Guerra Civil na Comarca de Las Vegas
Categoría:Comarcas da Comunidade de Madrid