A praia de Cala en Porter está situada no concello de Alaior, na illa de Menorca. Atópase a 11 km ao sur da localidade de Alaior. A praia ten forma de vieira cunha entrada moi sinuosa. Na praia desemboca un regato, o de Cala en Porter, que nace moi preto de Alaior. A praia está situada dentro da urbanización do mesmo nome.

Orografía A praia está rodeada de cantís con abundante vexetación, sobre todo na parte dereita da praia. No lado esquerdo hai casas e chalés na urbanización.

No tocante ás condicións mariñas e subacuáticas da praia, hai que dicir que non é recomendable entrar nela con mal tempo e de noite, xa que é unha zona onde o vento do sur sopra bastante e a profundidade non é demasiado grande.

Características A praia recibe un importante número de turistas durante o verán. Conta con seguridade durante a tempada estival pola Cruz Vermella. Ademais, o concello de Alaior prohibiu a entrada de animais a toda a praia para evitar molestias ás persoas que queiran bañarse en paz.Ordenança d'ús i aprofitament de platges d'Alaior , Pdf Tamén conta con Certificación Ambiental.AENOR certifica la qualitat de platges i empreses de l'Illa

Na urbanización que rodea a praia, como curiosidade ten unha das covas máis destacadas da illa tanto pola súa historia como polo uso que se lle dá na actualidade, é a cova d'en Xoroi.Cova d'en Xoroi, Discoteca Hoxe esta cova está aberta todo o día e pola noite convértese nunha peculiar discoteca e ten unhas vistas espectaculares do mar Mediterráneo.

Notas

Categoría:Praias de Menorca