Pedro Berruguete, nado en 1450 en Paredes de Nava, Palencia, e finado en 1504, foi un pintor castelán cuxa arte se considera un estilo de transición entre a arte gótica e a do Renacemento.

esquerda|miniatura|262x262px|Representación de Berruguete na antiga igrexa de San Martín, hoxe habilitada como Centro de Interpretación de Tierra de Campos, na súa localidade natal.

Traxectoria Nado en Pareces de Nava, marchou á Italia aos trinta anos, en 1480, e traballou na corte de Federico da Montefeltro en Urbino. Regresou á Península Ibérica dous anos despois, en 1482, e pintou en varias cidades como Sevilla, Toledo ou Ávila.

Varios autores considérano o primeiro pintor renacentista da Coroa de Castela.

Familia Foi pai de Alonso Berruguete, considerado un dos escultores peninsulares máis importantes do Renacemento hispánico.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia da pintura Pintura gótica Pintura do Renacemento Renacemento Renacemento hispánico

Categoría:Pintores de España Categoría:Nados na provincia de Palencia