Vikrama Samvat é o nome dun dos varios calendarios hindús, dado que na India existen moitos calendarios en uso:

Vikrama Samvat: lunar e sideral solar por anos. Shaka Samvat (tradicional): lunar e solar tropical. Calendario Bangla: solar tropical por anos. Tamilnadu/Kerala: solar tropical por anos como o calendario Malayalam. Bikram Sambat Nepalés: solar tropical por anos.

A maioría das festas na India están baseadas nos dous primeiros calendarios. Algúns baséanse no ciclo solar como o Sankranti (solar sideral) e o Baisakhi (solar tropical).

Meses e correspondencias aproximadas

Máis abaixo aparece unha listaxe dos meses na India. Shaka e Chaitradi Vikram (UP, Rajasthan e outros) comezan con Chaitra; Kartikadi Vikram (Gujarat, Maharashtra) comezan con Kartika.

#HindúGregoriano1Chaitra Marzo-abril 2Vaisākha Abril-maio 3Jyeshta Maio-xuño 4Āshāda Xuño-xullo 5Srāvana Xullo-agosto 6Bhādrapada Agosto-setembro 7Ashwina Setembro-outubro 8Kārtika Outubro-novembro 9Mārgasirsa (Agrahayana) Novembro-decembro 10Pausha Decembro-xaneiro 11Māgha Xaneiro-febreiro 12Phālguna Febreiro-marzo

Os Nakshatras son divisións de ciclos onde cada 13° 20' comezan desde 0° Aries. O purnima de cada mes está sincronizado cun nakshatra.

Ciclos na India

Os ciclos do tempo na India son os seguintes:

Ciclo de 60 anos. O ano. As seis estacións do ano. Cerca de 60 días (2 meses) nunha estación. O mes (lunar). 2 pakshas nun mes, shukla (crecente) e krishna (escuro). 15 tithis nun paksha (1-14, ou XV é purnima ou amavasya). 60 ghatikas (ou 30 muhurtas ou 8 praharas) nun período de 24 horas (ahoratra). Algúns períodos máis a completar.

Os anos están sincronizados co ano solar sideral a través da adición ou subtracción de meses.

Conversión de datas

Converter unha data dun calendario hindú a unha era común aproximada require unha complexa operación matemática:

Chaitradi Vikram (pasado): Chaitra-Pausha: subtraer 57; Pausha-Phalguna: subtraer 56. Shaka: sumar 78-79. Kalachuri: sumar 248-249. Gupta/Valabhi: sumar 319-320. Bangla: sumar 593-594. Vira Nirvana: subtraer 527-526.

Variacións

En UP/Rajasthan, os meses son purnimanta. En Gujarat/Maharashtra, son amanta. En inscricións, os anos deben ser gata (antigos) ou correntes.

Véxase tamén

Calendario hindú Unidades antigas de medida na India

Notas

Rai Bahadur Pandit Gaurishankar Hirachand Ojha, 'The Paleography of India', 2 ed., Ajmer, 1918, reprinted Manshuram Manoharlal publishers, 1993.

Categoría:Calendarios Categoría:Cultura da India

en:Samvat (calendars)