Sierra Mágina é o nome dunha comarca das dez que ten a provincia de Xaén, en España. Unha boa parte do seu territorio forma parte do parque natural de Sierra Mágina.

Segundo datos do INE de 2002, a poboación desta comarca era de 42 601 habitantes. Ten unha superficie de 1.389,4 km² e unha densidade de poboación de 30,66 hab/km². A súa capital como centro administrativo é o concello de Jódar, onde residen case 1 de cada 3 habitantes desta comarca.

Concellos A comarca de Sierra Mágina componse dos seguintes concellos:Mapa de comarcas de Andalucía. Listaxe comarcal definida pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía Albanchez de Mágina Bedmar y Garcíez Bélmez de la Moraleda Cabra del Santo Cristo Cambil Campillo de Arenas Cárcheles La Guardia de Jaén     Huelma Jimena Jódar Larva Noalejo Pegalajar Torres

Notas

Categoría:Comarcas da provincia de Xaén