miniatura|O proletariado represantdo en Il Quarto Stato, de Giuseppe Pellizza da Volpedo (1888—1907) miniatura|Chamamento á folga xeral en Alemaña (Vorwärts, 9 de novembro de 1918) no comezo da Revolución de Novembro.Unha folga xeral é unha acción de protesta levada a termo por toda a forza de traballo dunha cidade, comarca, rexión ou país, consistente en deixar de traballar e manifestarse nas rúas para conseguir un obxectivo económico ou político. A finais do século XIX e inicios do século XX foron frecuentes porque os movementos sindicais tiñan unha grande influencia a nivel internacional.
As folgas xerais foron frecuentes en España durante as primeiras décadas do século XX impulsadas polos movementos anarquistas, así como nos últimos anos da ditadura franquista.
A folga xeral máis importante dos últimos anos aconteceu en París durante o mes de maio de 1968.
Folgas xerais salientábeis Folga xeral de 1917 en España. Folga xeral de 1918 en Suíza. Folga xeral de 1919, en Barcelona. Folga xeral de 1932 en Xenebra. Folga xeral revolucionaria de 1934 en España (principalmente en Asturias e Cataluña). 1936 (en Francia). A Folga xeral do inverno 1960-1961 en Bélxica. Maio de 1968. Revolución laranxa en Ucraína (2004).
Folga xeral en Galicia e España desde 1981 1981, tralo golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. 1985, 20 de xuño 1988, 14 de decembro 1992, 28 de maio 1994, 27 de xaneiro 2002, 20 de xuño 2003, 10 de abril Folga xeral española de 2010, 29 de setembro 2011, 27 de xaneiro 2012, 29 de marzo 2012, 14 de novembro miniatura|Batalla campal entre folguistas armados e a policía nas rúas de Minneapolis, xuño de 1934.|centro
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Folga Ligazóns externas The Mass Strike de Rosa Luxemburg (1906)
Categoría:Sindicalismo Categoría:Socioloxía