O rexurdimento da lingua maorí é un movemento para promover, reforzar e fortalecer o uso da lingua maorí (te reo Māori). O movemento ten lugar principalmente en Nova Zelandia, mais tamén en sitios cunha destacada poboación de expatriados neozelandeses (como Londres e Melbourne), e o seu obxectivo é aumentar o uso do maorí na casa, no ensino, o goberno e os negocio. O movemento é parte dun rexurdimento máis amplo do Tikanga Māori (a cultura, hábitos e prácticas culturais maorís) no que se chamou o renacemento maorí.
Até a segunda guerra mundial, a maioría dos maorís falaban o maorí como primeira lingua. Pero na década de 1980, menos do 20 por cento dos maorís falaba o idioma o suficientemente ben como para ser clasificados como falantes nativos. As causas do declive incluíron o cambio do uso de maorí ao uso obrigatorio do inglés nas escolas e o aumento da urbanización, que desconectaron as xeracións máis novas das súas familias extensas, en particular dos seus avós, que tradicionalmente desempeñaban un papel importante na vida familiar. Como resultado, moitos nenos maorís non puideron aprender a súa lingua ancestral, e xurdiron xeracións de maorís que non falaban maorí.
Como resposta, os líderes maorís iniciaron programas de recuperación da lingua, como o movemento kōhanga reo ("niños lingüísticos"), que, a partir de 1982, mergullou os nenos en maorí dende a infancia ata a idade escolar. En 1989, deuse apoio oficial para kura kaupapa maorí: escolas primarias e secundarias de inmersión na lingua maorí.
Te Wiki o te Reo Māori
Unha iniciativa patrocinada polo goberno, , a Semana da Lingua Maorí, celébrase dende 1975 e ten como obxectivo animar os neozelandeses a apoiar a lingua.
Lei da lingua maorí de 1987 e a Comisión da lingua maorí A Lei da lingua maorí de 1987 foi aprobada como resposta ao Tribunal de Waitangi que determinou que a lingua maorí era un taonga, un tesouro ou posesión valiosa, segundo o Tratado de Waitangi.
A Lei deulle o status de lingua oficial ao maorí e deulle aos falantes o dereito de usalo en contextos legais, como nos tribunais. Tamén estabeleceu a Comisión da Lingua Maorí (inicialmente chamada Te Komihana Mo Te Reo Maorí pero despois rebautizada como Te Taura Whiri i Te Reo Maorí) para promover a lingua e proporcionar consellos sobre ela.
Kōhanga reo Kōhanga reo é unha iniciativa de desenvolvemento e revitalización lingüística que se basea no whānau (familia) e nos principios culturais e valores maorís. Facilita o crecemento e desenvolvemento dos mokopuna (netos) mediante a transmisión da lingua, coñecemento e cultura maorís. O movemento kōhanga reo opera dende a visión filosófica do mundo maorí e está guiado principalmente por kaumātua (anciáns respectados).
Os kōhanga reo individuais son dirixidos de forma autónoma polos seus respectivos whānau, que consiste nun "grupo colectivo de profesores, pais, anciáns locais e membros da comunidade maorí".King, Jeanette. 2001. Te kōhanga reo: Māori language revitalization. In The green book of language revitalization in practice, ed. Leanne Hinton and Ken Hale, 123. Nova York: Academic Press. Aínda que está financiado por subvencións gobernamentais trimestrais do Te Kōhanga Reo National Trust, o kōhanga reo adoita cobrar tamén taxas adicionais para cubrir os custos operativos. Estas taxas, determinadas por cada whānau, son xeralmente comparables ou menos caras que as de coidados infantís tradicionais. King, Jeanette. 2001. Te kōhanga reo: Māori language revitalization. In The green book of language revitalization in practice, ed. Leanne Hinton and Ken Hale, 119–128. Nova York: Academic Press. Realizado integramente en maorí, un kōhanga reo é un ambiente onde os nenos de 0 a 6 anos,Schooling is compulsory from age 6 in New Zealand kaumātua e whānau pasan tempo xuntos falando, xogando, rezando e aprendendo. As actividades diarias poden realizarse en calquera lugar seguro e cálido, incluíndo marae (lugares de reunión da comunidade tradicionais), casas reconvertidas ou centros construídos especificamente.
Xurdido a finais dos anos 70 baixo a dirección de kaumātua, kōhanga reo foi unha resposta inmediata e urxente ao esmorecemento da lingua maorí e do tikanga Māori. Jean Puketapu e Iritana Tawhiwhirangi estaban entre os primeiros líderes cando se fundou o primeiro kōhanga reo en Wainuiomata en 1982. Tres anos despois había máis de 300 funcionando. O éxito de kōhanga reo é tal que foron seguidos polo estabelecemento de escolas primarias e escolas secundarias (kura kaupapa maorí) onde o maorí é a lingua principal de ensino. O papel da lingua maorí na educación en Nova Zelandia está recollido na Lei de Educación de 1989.Education Act 1989
O concepto kōhanga reo deu lugar a outras iniciativas preescolares en Nova Zelandia que ensinan en linguas do Pacífico, por exemplo fixiano, maoría das Illas Cook, samoano e tongano e outros países adoptaron un concepto similar. Un exemplo notable é Pūnana Leo estabelecido en Hawai para revitalizar a lingua hawaiana.
Kura kaupapa Māori
Kura kaupapa Māori son as escolas de inmersión lingüística en lingua maorí.
Na política As campañas electorais do Partido Maorí adoitan ter un maior papel para a lingua maorí. Nas eleccións xerais de 2011, o partido quixo que todos os centros de ensino secundario ofrezan a lingua como opción a cada alumno.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas revividas Whakaata Māori Rexurdimento gaélico Rexurdimento da lingua livonia Ligazóns externas Te Kōhanga Reo National Trust Language Revitalisation — Te Māngai Pāho
Categoría:Lingua maorí Categoría:Revitalización lingüística Categoría:Planificación e política lingüística