Carme Sansa i Albert, nada en Barcelona o 22 de febreiro de 1943, é unha actriz catalá de teatro e televisión.
Traxectoria Sansa foi inicialmente, ademais de alumna, profesora da escola Isabel de Villena, dirixida por Carme Serrallonga i Calafell e continuadora na posguerra da tradición pedagóxica do mítico Instituto-Escola da Generalitat do período republicano. A influencia dese centro foi determinante na súa evolución e tamén no seu gusto polo teatro, que pronto se converteu, tras o seu ingreso en 1963 na Escola Superior de Arte Dramática Adrià Gual, nunha dedicación plena. Desde entón viviu con intensidade a aventura escénica.
Desde 1966 no local barcelonés Cova del Drac, a súa participación en espectáculos literarios de cabaré, actuando xunto a Pep Torrents, o seu compañeiro sentimental durante anos, convertérona en alicerce dun xénero en gran parte xa desaparecido. Entre as moitas obras que interpretou figuran textos de Bertolt Brecht, William Shakespeare, Salvador Espriu, Ramón María del Valle-Inclán, Marguerite Duras e Samuel Beckett.
Ao mesmo tempo, Sansa destaca como activista social, liderando movementos de esquerdas contra os conflitos armados de Iugoslavia e Iraq, e en defensa dos dereitos da muller e da lingua catalá. Durante o Procés manifestouse a favor da independencia de Cataluña en varios actos.
Premios e distincións Sansa gañou o Premio Sebastià Gasch en 1978 pola súa dedicación ao Music Hall catalán, así como o Premio da Crítica Teatral de Barcelona en dúas ocasións (1994 e 1996). En 1991 foi galardoada co Premio Margarida Xirgu por Un dia qualsevol. En 1997 recibiu o Premio Butaca á mellor actriz de teatro polo seu papel na obra Company. En 2004 foille concedida a Cruz de Sant Jordi e en 2012 o Premio Nacional de Teatro concedido pola Generalitat de Cataluña.
Televisión
Doctor Caparrós, medicina general (1979), serie de humor de RTVE Catalunya Amor meu (1981), serie de humor de RTVE Catalunya.
Secrets de família (1995), serie dramática de TVC Dones d'aigua (1997-1998), serie dramática de TVC Carles, Príncep de Viana (2001), miniserie histórica dirixida por Sílvia Quer Nit i dia (2016-2017), serie de thriller de TVC Benvinguts a la família (2018-2019) serie de comedia negra de TVC
Notas
Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Nados en 1943 Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona