O 17 de decembro de 2014 celebrouse un referendo sobre o status político de Santo Eustaquio.Referendum on constitutional status Statia on December 17 Saba News, 28 de outubro de 2014 Santo Eustaquio converteuse nun organismo público logo da disolución das Antillas Neerlandesas en 2010, aínda que Santo Eustaquio votou a prol de manterse nas Antillas Neerlandesas, polo que se apoiou o referendo de 2014 como vía para resolvelo.Parliament backs Statia referendum The Daily Herald, 12 de xuño de 2012 Aínda que a maioría dos votantes optou por aumentar a autonomía dentro do Reino dos Países Baixos, a participación electoral estivo moi por debaixo do 60% necesario para que o referendo fose vinculante.Insufficient voters referendum Statia Saba News, 18 de decembro de 2014

Contexto A decisión de celebrar un referendo foi aprobada polo Consello Insular o 8 de outubro e apoiada polo Partido Popular Unido, o deputado independente do Movemento de Acción Liberal de Statia, Reuben Merkman. O 25 de outubro a data foi fixada para o 17 de decembro, ao cal só se opuxo o Partido Democrático.

Pregunta Os votantes puideron elixir entre catro opcións: Manterse como "organismo público" (concello especial) Independencia Autonomía dentro do Reino dos Países Baixos Integración nos Países Baixos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Referendo de independencia Referendo sobre o status político de Santo Eustaquio de 2005

Santo Eustaquio