Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.Ficha na UDC
Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na de Estremadura e na Universidade Católica Portuguesa.
Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.Ficha en Galegos
Obra en galego Ensaio Gustavo Freire: o grande esquecido, Círculo das Artes, Lugo, 1988. 2ª edición ampliada co título Gustavo Freire na Galiza da Época Nós, Dos Acordes, 2008. Historia do Concello de Baralla. Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, Concello de Baralla, 1998. Lugo: cultura a república. As manifestacións intelectuais dunha cidade galega entre 1931-1936, Ediciós do Castro, 2001. Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, Lugo, 2001. Evaristo Correa Calderón na literatura galega contemporánea. Vangardismo e galeguismo, Universidade de Santiago, 2002. O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme, Laiovento, 2002. Lugo: cultura e República, Ediciós do Castro, 2002. Vanguardia Gallega ou o proxecto xornalístico lucense da II República Española, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2002. Ánxel Fole, pazos e nacionalismo, Tórculo Edicións, 2003. Evaristo Correa Calderón, Xunta de Galicia, 2003. Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, 2003. Tradición e actualidade do heroe cabaleiresco masculino nas lendas familiares galegas. Mito e realidade histórica á vista dos documentos da literatura galega contemporánea, Universidade de Santiago, 2003. Reflexións sobe didáctica da literatura. A literatura galega na radio, Concello de Lugo, 2003. Eduardo Blanco Amor na escola. A imaxe poliédrica dun literato galego, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2005. A introdución do vangardismo na literatura galega, Espiral Maior, 2005. Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, Toxosoutos, 2005. Os cabaleiros petan nas portas da literatura: a figura do heroe cabaleiresco na literatura galega contemporánea, Ediciós do Castro, 2006. Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio: de casa e solar coñecido, Nigra Trea, 2006. Literatura galega de vangarda: a iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos, TresCtres, 2006. As orixes da literatura infantil galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2006. O pérfido canto das sereas. O culto á matria no sistema literario galego, Tórculo, 2008. A época Nós: o estudo da literatura galega desde a periodoloxía literaria, Edicións Embora, 2009. Literatura Pardozeliana: Brandanismo e Sebastianismo nunha nación a liberar. O mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, Nigra Trea, 2010. A Torre e Pousa de Dumia. Historia social da Terra de Cervantes, 2012, Edicións Embora. Literatura de sereas. A maxia da muller acuática, 2015, Toxosoutos. Literatura galega e pornografía, 2016, Positivas. Á sombra de María Silgar: Carvalho Calero contra a historia única, 2019, Edicións Embora. Literatura galega e pornografía. Datos para unha historia da pornografía literaria na Galiza (2026). Santiago: Positivas. 160 páxs. ISBN 978-84-921162-7-0. Toda a eternidade nun ollar de palabras: Tareixa e Marica Campo, casa e terra (2026). Peruchela Edicións. ISBN 979-13-991725-2-2.
Poesía O abecedario no país das alvarizas (2021). A Coruña: Medulia. 52 páxs. ISBN 978-84-123646-2-0.
A cor áspera do veludo (2021). Toxosoutos. 60 páxs. ISBN 978-84-123409-8-3.
Narrativa O nome do arrecendo, 2013, Corsárias. Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014, Positivas. A monxa e o grumete (2023). Vigo: Galaxia. 222 páxs. ISBN 978-84-9151-974-4.
Edicións Poesía completa, de Evaristo Correa Calderón, Follas Novas, 2003. Tres contos marabillosos de Vicente Risco, Galaxia, 2004. Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor, Dos Acordes, 2013. Edición e estudo
Obras colectivas Pascual Veiga, Xunta de Galicia, 1996. Con Xosé de Cora. As nove ondas. I Simposio Internacional de Estudios Célticos, Universidade da Coruña, 2003. Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
Obra en castelán Ensaio Apuntes para la historiografía de Galicia. Las regidurías brigantinas de los Masseda de Aguiar, Deputación de Lugo, 1994. La arrebatadora entrada de Salomé en el templo. Mujer y erotismo en la vanguardia española, Llibros del Pexe, 2004. Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Rox Ediciones, Mérida, 2005. Amor y deseo en el calabozo, 2014, Bellaterra.
Obras colectivas Las Órdenes Militares: realidad e imaginario, Universitat Jaume I Castelló, 2000. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas na Biblioteca Virtual Galega.
Ficha en Editorial Galaxia.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Lugo
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1968
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Enciclopedistas de Galicia