Resistencia feminista ao colapso é un ciclo de xornadas anuais impulsadas polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC desde o ano 2023. Teñen como obxectivo dar a coñecer o programa de investigación da ecoloxía feminista, incidindo na súa capacidade para propor solucións perante os grandes desafíos (catástrofe climática, fin da cultura dos combustibles fósiles, crise da auga, perda da biodiversidade) aos que se deberá facer fronte nas próximas décadas.

Traxectoria A primeira xornada de Ecofeminismo do CIFEX celebrouse en setembro de 2023 co título de Resistencia feminista, e contou coa presenza de varias investigadoras, entre elas Victoria Aragón autora de Ecofeminismo y decrecimiento.

Nas xornadas de 2024, celebradas no mes de novembro, celebráronse co lema Resistencia feminista ao colapso. Abordáronse cuestións coma o debate entre bioloxía e cultura ou o activismo fronte ás violencias contra a natureza, e participaron entre outras Irene Zugasti, Brais Arribas e Lina Coelho.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas CIFEX-Xornadas

Categoría:Feminismo

Categoría:Eventos en Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela