Os sistemas biolóxicos son conxuntos de entidades bioloxicamente interrelacionadas que operan en diferentes niveis no fenómeno da vida. O tamaño dos sistemas biolóxicos varía desde grandes poboacións de organismos, até sistemas orgánicos menores como o sistema circulatorio, o respiratorio e o nervioso, ou estruturas menores como órganos e células, e mesmo a niveis microscópicos ou nanoscópicos como os complexos macromoleculares.

Sistemas biolóxicos e sistemas vivos A diferenza dos 'sistemas vivos', que son entidades completas que exhiben todas as características da vida,Áínda que ás veces se usan de xeito indistinto, un ser vivo é un organismo individual que cumpre con todas as características da vida, como plantas ou animais, mentres que un sistema vivo pode referirse tanto a unha parte dun ser vivo, como os seus sistemas orgánicos, ou a un grupo de seres vivos que interaccionan, como nun ecosistema. os sistemas biolóxicos poden non constituír por si mesmos unha forma de vida, senón que son partes ou procesos dentro de organismos vivos ou grupos de organismos. Por exemplo, unha célula pode ser ambos simultaneamente: é un sistema biolóxico, debido á interacción dos seus compoñentes internos, e un sistema vivo, pola súa capacidade de funcionar de forma independente como unha entidade viva completa. Esta dualidade é fundamental para a bioloxía, xa que as células son as unidades básicas da vida en todos os organismos pluricelulares e unicelulares. miniatura|Sistema orgánico: O cerebro, o veslecervo, a medula espiñal e os nervios forman o sistema nervioso. Sistema orgánico

Os seres humanos e moitos outros organismos animais están construídos por varios sistemas de órganos, algúns deles chamados aparellos.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Adaptación (bioloxía) Ambiente Bioloxía do desenvolvemento Complexidade biolóxica Cooperación (bioloxía) Ecoloxía Ecoloxía de ecosistemas Ecosistema Especiación Hábitat Ser vivo Simbiose Simbioxénese Sistema Sistema orgánico Sistema complexo

Categoría:Sistemas biolóxicos