Marta Lado, nada en Fisterra o 24 de xaneiro de 1981, é unha actriz e escritora galega.
Traxectoria En 2005 licenciouse en Economía na Universidade de Vigo. Estudou na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2007-2011), con especialidade en interpretación xestual. En televisión, participou en series como Con amor e compañía, Serramoura ou O Faro, ou programas como A casa da Conexa ou O Show dos Tonechos. En cinema, salientan os seus papeis en Ons, papel polo que recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria, e Sicixia, mellor interpretación feminina no Festival Cinespaña de Tolosa.
En teatro participou nas obras Tartufo, do Centro Dramático Galego, Ubú Rei, de Talía Teatro, e O Servidor de dous amos, tamén de Talía Teatro e polo que levou o María Casares á mellor actriz secundaria.
Obras
Infanto-xuvenil
A pita xefa (2021). Baía Ed. 30 páxs. ISBN 9788499953816. Ilustracións de Marina Seoane. Sibila e a monstruosa festa do Samaín (2023). Baía Ed. 58 páxs. ISBN 9788499954356.
Filmografía Cinema Vilamor (2012) como Adelaida Sicixia (2016) como Olalla Ons (2020) como Isabel Malencolía (2021) As bestas (2022) como garda criminalística Honeymoon (2023) como muller do recibidor
Televisión Serramoura (2017, tres episodios) como Bea Con amor e compañía (2017)
Premios
2009 e 2010: Premio ibérico de interpretación Marta Sieiro 2016: Festival Cinespaña de Toulouse, Mellor actriz. 2019: Premio “María Casares” Mellor actriz secundaria. 2021: Premio “Mestre Mateo” Mellor actriz secundaria. 2021: Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade pola obra A pita xefa.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina secundaria