O porviso ou proviso é un ser da mitoloxía galega, un trasno ou un demo, que aparece de noite adoptando forma de animal, e impídelle alentar á xente mentres dorme.

Características Considérase ás veces un ser rexoubeiro que enreda e procura meterlle medo á xente, porén, este ser xeralmente aparece polas noites, impedíndolle á xente alentar mentres dorme. Represéntase cun rabo longo, adopta a forma de distintos animais e é moi peludo. Para escorrentalo hai que persignarse; a "flor da auga", que se forma a noite de san Xoán e se recolle pola mañanciña, serve para arredar o porviso, ó igual que todos os demos.

Rafael Dieste en A fiestra valdeira (1927) nomea o porviso como diaño; Xosé Miranda considerao como un demo e Xesús Alonso Montero denomínao demo ou demoño.

O porviso na cultura popular Teatro Rafael Dieste menciona o porviso na súa obra de teatro A fiestra valdeira, onde se compara un dos personaxes con este ser.

Literatura infantil O libro O Porviso do patín, escrito por Rocío Pérez Castro e ilustrado por Lidia Brea Pedreira, é un conto infantil.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Mitoloxía galega