The Heliocentrics son unha banda londiniense do xénero do nu jazz. A banda mestura jazz co funk. O conxunto está composto por 8 músicos liderados polo batería, compositor e arranxador Malcolm Catto. O grupo colabora asiduamente co vibrafonista Mulatu Astatke.
Características Lanzaron o seu debut en 2007 titulado Out There e no seu segundo álbum en 2009 colaboraron co músico etíope Mulatu Astatke. Autodefínense como un colectivo de gravación e produción que mestura jazz xunto co hip hop, funk, música de biblioteca e electrónica.
The Heliocentrics contribuíron con temas a varios DJ's no Reino Unido no coñecido pola prensa especializada como renacemento intercultural do jazz do sur de Londres. En 2016 recrutaron a vocalista, bailarina e actriz eslovaca Barbara Patkova. En febreiro de 2020 lanzaron o seu novo disco, titulado Infinity of Now..
Membros Membros actuais Malcom Catto, batería Jake Benjamin Ferguson, baixista Sylvia Hallett, viola, órgano de boca Jack Yglesias, frautista Daniel Smith, guitarra Jason Yarde, saxofón Raven Bush, violín Barbara Patkova, vocalista
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas A canción People Wake Up! dos Heliocentrics, en youtube, ano 2020
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de jazz Categoría:Grupos musicais formados en 2007