The Staple Singers foi un grupo musical de Chicago pioneiro da música gospel, soul e Rhythm and blues composto pola familia Staples; o pai Roebuck "Pops" Staples (1914 - 2000) e as fillas Cleotha (1934-2013), Pervis (1935), Yvonne (1936), quen substituíu ao seu irmán Pervis en 1970, e Mavis (1939). O grupo estivo activo en dúas etapas non continuas. Fundouse en 1948 na igrexa Mount Zion de Chicago e disolveuse en 1994, para regresar durante o ano 1999, nunha xira xurdida ao ser homenaxeados no Salón da Fama do Rock. Mavis Staples continúa cunha carreira en solitario ata os nosos días en paralelo a un activismo pola loita dos dereitos civís. A banda foi citada como referencia para artistas de rock posteriores como Grateful Dead, The Band ou Prince, na súa canción I Would Die 4 U.
Traxectoria The Staple Singers consistiron en catro irmás e un irmán que guiados polo pai comezaron na música dentro do coro da igrexa baptista de New Covenant, destacando polas súas cualidades vocais. Os Staples firmaron o seu primeiro contrato profesional en 1952 inlcuíndo na formación a seu pai, en similitude a moitos outros grupos pop familiares dos Estados Unidos naquela época, destacando eles ao optar pola música gospel comezaron a cativar aos oíntes en base a calidade na harmonía vocal e un estilo novidoso, destacado polos críticos actuais. Na década de 1960, os Staples mudáronse ao soul e ao R&B e convertéronse nunha das bandas máis influentes da época. Unha das cancións máis famosas de The Staple Singers é I'll Take You There, publicada en 1972. A canción foi o número un das listas de soul e R&B e segue sendo unha das cancións máis coñecidas da banda. Respect Yourself, éxito posterior, lanzado en 1971 é un referente na historia do soul. O seu éxito de 1977 "Stand By Me" entrou no top ten das listas de Billboard en dúas ocasións: tras a súa publicación como sinxelo en 1961 e en 1986, coincidindo coa publicación da canción na película Conta comigo e co uso da canción para un anuncio de Levi Jeans.
"Stand by Me" quedou no posto 121 da lista das 500 mellores cancións de todos os tempos, elaborada pola revista musical Rolling Stone. BMI nomeou a canción como a cuarta máis interpretada durante o século XX, con máis de sete millóns de interpretacións.
Os Staple Singers tamén influíron na loita polos dereitos civís nos Estados Unidos, liderados polo contacto da familia e activista social Coretta Scott King. A banda estivo preto dos líderes do movemento e a súa música serviu para concienciar sobre os problemas políticos e sociais da época. Cancións como Why? (Am I Treated So Bad) e Long Walk to D.C. son exemplos de como a súa música estivo relacionada coa loita polos dereitos civís.
Discografía miniatura|Reunión en 2012
1959 Uncloudy Day
1961 Swing Low Sweet Chariot
1962 Hammer and Nails
1962 Swing Low
1962 The 25th Day of December
1963 Gamblin' Man
1964 This Little Light
1965 Amen!
1965 Freedom Highway
1967 For What It's Worth
1968 Soul Folk in Action
1969 Will the Circle Be Unbroken
1970 Landlord
1970 We'll Get Over
1971 The Staple Swingers
1972 Be Altitude: Respect Yourself
1973 Be What You Are
1974 City in the Sky
1975 Let's Do It Again
1976 Pass It On
1977 Family Tree
1978 Unlock Your Mind
1981 Hold on to Your Dream
1981 This Time Around
1984 Turning Point
1985 The Staple Singers
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas A canción Grandma's hands de 1973, en youtube
Categoría:Grupos musicais formados en 1948 Categoría:Grupos musicais de soul Categoría:Grupos musicais de gospel Categoría:Grupos musicais de blues Categoría:Grupos musicais de rhythm and blues