José Antonio Bonet de Luna, nado en Madrid en 1970, é un cineasta e escritor español.
Traxectoria
Licenciouse en Empresariais e Filoloxía Inglesa, estudou Dirección na Escola de Cine de Madrid e Creación Literaria na Escola de Escritores madrileña, onde obtivo bolsa ao mellor alumno da oitava promoción do Máster de Narrativa 2016-18. Seguiu cursos de cine en UCLA e de escritura creativa con Alejandro Gándara, Eloy Tizón e Marta Sanz. Coa súa produtora Master Cluster produciu curtametraxes de ficción, vídeos corporativos e cursos audiovisuais.
En 2024 gañou o Premio Torrente Ballester coa novela en castelán La soledad de los reptiles. Para o xurado: «unha obra orixinal e arriscada, que perdura na memoria do lector, cunha reflexión que afonda no sentimento de perda e o lugar que ocupamos na sociedade... unha novela ben estruturada e equilibrada, na que o autor mostra gran capacidade para manter a tensión narrativa de comezo a fin con bo ritmo e personaxes ben traballados».
Obras
Curtametraxes
2001: Clases de ruso, con Luis Tosar. Dirección e guión. 2005: Las viandas, con José María Pou. Dirección e guión.
Longametraxe
El marco de la cara, documental en coprodución entre España e a República Dominicana, en fase de posprodución.
Novela
El tarro de las esencias (inédita)
Premios
2024: Premio Torrente Ballester por La soledad de los reptiles.
Notas
Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1870 Categoría:Guionistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá