miniatura|250px|dereita|Aspecto exterior dun ugli miniatura|250px|dereita|Ugli mondado e seccionado O "ugli", coñecida tamén en inglés como "ugli fruit", é unha froita híbrida do grupo dos cítricos. Crese que é un híbrido entre o pomelo, a laranxa e a mandarinaGrapefruit: a fruit with a bit of a complex in Art Culinaire (Winter, 2007), aínda que outras fontes apuntan a que é un híbrido entre mandarina e Citrus maxima. No primeiro caso, o seu nome científico sería Citrus reticulata x Citrus paradisiBastyra, Judy, and Julia Canning. A Gourmet's Guide to Fruit. Los Angeles: HP Books, 1989. Pg. 52..

Descrición O ugli é moi semellante ao froito da Citrus maxima, pero lixeiramente máis grande, e cunha forma menos definida: mentres a laranxa ou o froito da Citrus maxima son esféricos ou xeoides, a grosa casca do ugli fai que a súa forma sexa máis "imperfecta". A súa monda é, como dixemos, moi grosa, rugosa, fragrante e dunha cor verde ou amarela. Coma o resto dos cítricos, o interior está recuberto dunha película branca, que garda no interior unha ducia de seccións independentes pero ligadas, de cor laranxa. O seu sabor é máis ben doce, coma o da mandarina.

Produción e distribución O ugli é orixinario de Xamaica, que continúa a ser hoxe en día o seu principal centro de produción. A primeira cidade onde se produciu foi Brown's Town en 1924, onde a descubrira medrando brava unha familia chamada Sharp. É unha froita estacional, que se produce de decembro a abril, e que se distribúe tanto a Norteamérica como a Europa. UGLI® é unha marca rexistrada por Cabel Hall Citrus Ltd., coa que se comercializa e que se usa en boa parte do mundo como nome da froita.

Notas

Véxase tamén Mandarina Pomelo Citrus maxima

Ligazóns externas Web oficial da distribuidora Ugli(R)

Categoría:Froitas Categoría:Cítricos Categoría:Híbridos vexetais