Henriette Theodora Markovitch, nada o 22 de novembro de 1907 e finada o 16 de xullo de 1997, coñecida como Dora Maar, foi unha fotógrafa, pintora e poeta francesa. Maar foi á vez unha artista surrealista e unha activista antifascista.

O seu traballo revolucionario abarcou dende tarefas comerciais en moda e publicidade ata documentar as loitas sociais e económicas durante a Gran Depresión. Maar foi unha das poucas fotógrafas que se incluíu en importantes exposicións de traballo surrealista na década de 1930 en París, Nova York e Londres, xunto a Man Ray e Salvador Dalí. As súas técnicas audaces no cuarto escuro exploran a psicoloxía, os soños e os estados interiores.

O activismo político e o estilo fotográfico de Maar son amplamente recoñecidos por influír na obra de Pablo Picasso durante o período da súa relación sentimental. En particular, a influencia de Maar pódese ver no poderoso cadro de Picasso Guernica (1937). "Ela influíu en Picasso para pintar Guernica, nunca antes entrara na pintura política", di Amar Singh, representante da Amar Gallery de Londres.

Maar foi representada en varias pinturas de Picasso, incluíndo o seu Retrato de Dora Maar e Dora Maar au Chat. Non obstante, Maar dixo das obras: "Todos os seus retratos de min son mentiras. Todos son Picassos. Ningunha é Dora Maar".

Notas

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Pintores de Francia Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Artistas de Francia Categoría:Modelos Categoría:Musas Categoría:Pablo Picasso Categoría:Surrealismo Categoría:Poetas de Francia