Abeba Birhane é unha científica de orixe etíope que traballa na intersección dos sistemas adaptativos complexos, a aprendizaxe automática, o nesgo algorítmico e os estudos raciais críticos.
Traxectoria O traballo de Birhane con Vinay Prabhu descubriu que os conxuntos de datos de imaxes a grande escala utilizados habitualmente para desenvolver sistemas de IA, como ImageNet e 80 Million Tiny Images, contiñan etiquetas racistas e misóxinas e imaxes ofensivas.
Foi recoñecida por VentureBeat como unha das principais innovadoras en visión por computador e nomeada como unha das 100 persoas máis influentes en IA 2023 pola revista Time.
Notas
Categoría:Alumnos do University College Dublin
Categoría:Investigadores da intelixencia artificial