Manuel Rodríguez Magariños, coñecido como Gorello, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) cara a 1903 e finado en Pamplona o 2 de xaneiro de 1938, foi un xornaleiro e político galego.
Traxectoria Xornaleiro de Redondela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión o 16 de decembro xunto con José Pereira Míguez, Gustavo Otero Sestelo, Manuel Loureiro Pérez, Jesús Olimpio Giráldez Fernández, Francisco Darriba Pérez, Pompeyo Blanco Villar, Manuel Bouzas Puerta, Constante Carballido, Manuel Álvarez Castro, Manuel Martínez Barreiro, Leopoldo Garrido Leirós, Jesús Gómez Casal, Manuel Blanco Camiña e Manuel Barros Montero, foi condenado a 20 anos de prisión e multa mancomunada de 2 millóns de pesetas. Ingresou no Forte de San Cristovo o 22 de febreiro de 1937. Morreu de tuberculose pulmonar no Forte San Cristovo o 2 de xaneiro de 1938. Foi soterrado no cemiterio de Berriosuso. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1943.BOE, 22-1-1944, p. 402-403.
Vida persoal
Estaba casado e tiña sete fillos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Los presos del penal de Ezcaba.
Expediente de poxa de bens mobles e enxoval incautados a Manuel Rodríguez Magarinos (1938)
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1938