O Monte Ruapehu, ou Ruapehu, é un estratovolcán activo no sur da Zona volcánica Taupo en Nova Zelandia. Está a 23 quilómetros ao nordés de Ohakune e 40 quilómetros ao suroeste da marxe sur do Lago Taupo, dentro do Tongariro National Park. Nas súas ladeiras están as maiores pistas de esquí da Illa Norte e algúns glaciares.
Ruapehu é un dos volcáns máis activos do mundo e o volcán activo máis grande de Nova Zelandia. É o punto máis alto da Illa Norte ( North Island) e inclúe os tres cumes máis altos: Tahurangi (2.797 m), Te Heuheu (2.755 m) e Paretetaitonga (2.751 m). O profundo e activo cráter está entre os cumes.
A zona e arredores do monte Ruapehu son moi coñecidos porque foi neles onde se rodou boa parte das películas O señor dos aneis.
Erupción de 2007 Despois de meses de especulación e controversia, o 18 de marzo de 2007 entrou en erupción.
miniatura|dereita|Ruapehu en xaneiro de 2002
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de volcáns. Ligazóns externas The 1996 Ruapehu Eruption Imaxes e información da Michigan Technical University Volcanic Hazards at Ruapehu Volcano - from GNS Science Volcano Camera - Mt Ruapehu- hourly photographs from GeoNet Mt Ruapehu Crater Lake Lahar Threat Response from the Department of Conservation Ruapehu Guide, photos, links Mt Ruapehu - Crater Lake Statusfrom Environment Waikato Peakware World Mountain Encyclopedia - Ruapehu
Categoría:Volcáns de Nova Zelandia Categoría:Montañas de Nova Zelandia