Keidi Bare, nado en Fier o 28 de agosto de 1997, é un futbolista albanés que xoga como centrocampista no Zaragoza, da Segunda División.
Traxectoria
Apolonia Formouse como futbolista nas canteiras do Olimpic CF de Yrshek e do Apolonia da súa cidade natal, debutando co primeiro equipo deste último con só 16 anos, nun partido ante o Pogradeci.
Atlético de Madrid En decembro de 2013 ingresou na estrutura do Atlético de Madrid tras un torneo de proba en Tbilisi, onde foi nomeado mellor centrocampista.
En xaneiro de 2014 foi convocado por primeira vez polo primeiro equipo dirixido por Diego Simeone. Foi nun partido da Copa do Rei ante a UD Las Palmas no que debutou co equipo ao entrar ao terreo de xogo nos minutos finais como substituto de Ángel Correa. Pechou a súa primeira media tempada en España co ascenso á Segunda División B co Atlético de Madrid B, contribuíndo cun gol ante a Gimnástica de Torrelavega na promoción de ascenso.
O 31 de agosto de 2018 foi cedido ao Atlético Malagueño, da Segunda B. Titular indiscutible, xogou completos todos os partidos ata novembro, cando foi subido ao primeiro equipo, debutando na Segunda División o 11 de novembro, nun empate 2-2 ante o Sporting de Gigón.
A partir de xaneiro de 2019 consolidouse no once inicial do primeiro equipo e participou nos dous partidos da promoción de ascenso na que o seu equipo foi eliminado polo Deportivo da Coruña.
Espanyol En setembro de 2020 asinou un contrato de catro anos co Espanyol, que viña de descender á Segunda División.
Zaragoza O 26 de xullo de 2024, despois de rematar o seu contrato co Espanyol, fichou polo Real Zaragoza.
Selección nacional Debutou coa selección albanesa o 26 de marzo de 2018, nunha derrota por 1-0 contra Noruega, despois de entrar como substituto de Kamer Qaka na segunda metade.
Notas
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Fier Categoría:Futbolistas de Albania Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Klubi Sportiv Apolonia Fier Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético Malagueño Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Albania Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Real Zaragoza