A galiña dos pitos de ouro é unha das manifestacións dos encantos gardadores de tesouros en castros e fontes, e incluso pode ser ela mesma o propio tesouro. Características Parece tratarse dunha moura encantada que adopta a forma dunha galiña negra que anda peteirando entre as pedras do castro, acompañada da súa rolada de pitos, que poden ser catro (un de cada cor) ata cen,Cen eran os poliños que rodeaban á galiña do castro de San Cristovo de Donalbai, en Begonte., aínda que adoitan ser sete. Dise tamén que por veces vai con ela unha vella fiando.
Na Ponte Ulla (Vedra) descríbena como unha galiña branca con doce pitos de ouro, e que se aparece ás doce da noite acompañada dun fantasma.
Os pitos poden converterse en ouro pero unicamente se un se contenta con atrapar un só, porque se se é ambicioso e se atrapan máis, desaparecen. Tamén se pode intentar pillar a propia galiña, e para iso hai que cubrila cun chapeau ou un pano, ou ben cuspíndoa na cabeza. En Ribela (A Estrada) dise que hai unha serpe protexendo galiña e pitos, e que cando alguén intenta pillalos aparecerá a serpe facendo moito estrondo e desaparecerán os pitos. Pero outra versión da lenda di que a galiña se transformará en serpe e só queda desencantada se algún mozo afoutado ousa bicar a serpe nos labios; se así o fai, o encanto recuperará a súa forma de muller e casará con el, proporcionándolle cuantiosas riquezas.
Cóntase da presenza desta galiña no castro de Bares (en Cabana de Bergantiños) ou no de Lañas (en Arteixo); neste segundo parece existir tamén un xigante. Tamén se recolle a lenda ó pé de mananciais, como na fonte do Espiño, na Luaña (Brión); na dos Tarríos, en Vilacova (Lousame), ou na Fonte Cega, de Quende (Abadín. En Santo André de Teixido aparece unicamente no día de San Xoán.
A relación entre a moura encantada e a galiña ponse de manifesto nalgúns casos. Así, do mesmo xeito que as mouras preguntan ó viandante se prefiren a tenda, chea de obxectos de ouro ou prata, ou a tendeira, en Forcarei cóntase que a galiña pregunta se prefire a galiña ou os pitos. O paisano contestou que os pitos, ante o que a galiña exclamou que, ó ser rexeitada, quedará encantada para sempre.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Galiña dos ovos de ouro
Categoría:Mitoloxía galega