Derek William Lomax, nado en Birmingham en 1933, e finado o 12 de marzo de 1992, foi un escritor e hispanista británico, especializado na literatura medieval española.

Traxectoria Estudou historia moderna en Oxford, e despois de conseguir o título decidiu especializarse en historia de España. Escribiu a súa tese sobre A orde de Santiago, 1170-1275, obra de referencia sobre a historia de devandita orde. Publicou varios libros sobre os costumes e usos da Idade Media na Península e sobre a reconquista española nos que sostén que non existiu como tal, senón que é algo inventado polos cristiáns españois tras a conquista omeia de Hispania.

No eido docente salientou como profesor da Universidade de Liverpool, dende 1959 até 1972. En Birmingham traballou durante case dúas décadas, transformando o seu centro de estudos nun dos máis influentes en canto ao estudo da literatura española. Ao morrer atopábase preparando un estudo sobre a historia do cristianismo en España.

Obras Escolma de obras: La Reconquista Barcelona: Crítica, 1984. ISBN 84-7423-233-3 Crónica de las tres órdenes de Santiago, Calatrava y Alcántara Francisco de Rades y Andrada, Derek W. Lomax Barcelona: El Albir, 1980. ISBN 84-7370-043-0 Siervos liberados: los movimientos campesinos medievales y el levantamiento inglés de 1381 R. H. Hilton, Derek W. Lomax Madrid: Siglo Veintiuno de España, 1978. ISBN 84-323-0310-0 Homenaxes

Recoñecementos 1992: Medalla de Prata de Galicia (póstuma)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

El País, «Derek Lomax, historiador e hispanista», 21 de marzo de 1992.

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Birmingham Categoría:Finados en 1992 Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford